Birmingham

cidade de Inglaterra

Birmingham é unha cidade inglesa situada no condado metropolitano de Midlands do Oeste, pertencente á rexión inglesa homónima, terra ondulada pobre para o cultivo pero rica en xacementos de carbón e ferro, ao sur dos Peninos. Segundo estimacións do 2008 ten 1 016 800 habitantes, que ascenden a 2 284 093 se temos en conta a súa área metropolitana (censo 2001). Tradicionalmente é considerada a segunda cidade de Inglaterra e o Reino Unido en termos de poboación, aínda que Manchester dispútalle ese posto en canto a representatividade.

Modelo:Xeografía políticaBirmingham
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°28′48″N 1°54′09″O / 52.48, -1.9025Coordenadas: 52°28′48″N 1°54′09″O / 52.48, -1.9025
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsMidlands do Oeste - West Midlands
Condado metropolitano (pt) TraducirMidlands Ocidentais (pt) Traducir
Distrito metropolitano (pt) TraducirBirmingham (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.137.100 (2017) Editar o valor em Wikidata (4.246,55 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie267,77 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porTame Valley Canal (en) Traducir, River Tame (en) Traducir e River Rea (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude140 m Editar o valor em Wikidata
Creaciónséculo VII Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoYvonne Mosquito (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalB Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico121 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKG31 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Lión
Xohanesburgo
Xi'an
Chicago
Cantón, China
Frankfurt (1966–)
Zaporíjia (pt) Traducir (1973–)
Milán (1974–)
Changchun (1983–)
Leipzig (1992–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webbirmingham.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A súa orixe data dos tempos das invasións anglosaxoas cara ao ano 700 cando un xefe tribal, o saxón Beorma, asentou a súa xente preto do río Rea (Beorma inga ham, fogar ou aldea do pobo de Beorma).

Mais o verdadeiro nacemento de Birmingham data do 1154, cando o señor feudal do lugar conseguiu a concesión dun mercado xunto o seu soar, nun cruzamento de camiños ao carón dunha capela e futura igrexa de San Martiño, preto do vao do río. Dito mercado, coñecido aos poucos coma o Bull Ring, foi o berce e aínda hoxe, o corazón sentimental da cidade.

De todas as maneiras, Birmingham mantívose coma un centro secundario ata a metade do século dezaoito, cando a coincidencia na súa área dunha serie de persoas excepcionais xunto a factores xeolóxicos (a antedita riqueza mineira no Black Country) deron nacemento a Revolución Industrial. Entre aqueles merecen destacarse James Watt e Matthew Boulton, William Murdoch e Joseph Priestly, enxeñeiros, físicos, industriais e filósofos que coas súas invencións, desenvolvementos mecánicos e nova visión deron pulo a unha nova época. Reuníanse nunha curiosa tertulia que bautizaron coma Sociedade Lunar.

A partir de 1750 a poboación triplicouse ata 1800 e case decuplicouse no século XIX (24.000,74.000,600.000h respect.). As industrias, sobre todo metalúrxicas, empregaban a toda esa masa traballadora e a cidade recibiu alcumes coma "o taller do mundo" ou "a cidade dos mil negocios".

Cidades irmás editar

Birmingham está irmandada coas seguintes cidades[1]:

Notas editar

  1. Partner Cities Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Birmingham.gov.uk

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Oficial editar

Fotografías editar