Billetes da coroa húngara

billetes do Reino de Hungría do sistema da coroa

Os billetes da coroa húngara son o papel moeda emitido polo Reino de Hungría con posterioridade á I Guerra Mundial, no sistema monetario da coroa húngara, ata a introdución do pengő como nova moeda nacional en 1927. A variedade de billetes e de notas do Tesouro, así como a das autoridades emisoras, reflicte a caótica situación do país na posguerra.

Billete dun millón de coroas húngaras de 1923

O primeiro papel moeda do Reino de Hungría era unha serie de 1, 2, 25 e 200 coroas, similares aos emitidos en Viena desde a fin da guerra. Inicialmente, limitábase a validez deste diñeiro a Austria e a Hungría, aínda que Austria considerou que os billetes húngaros eran demasiado doados de falsificar. Máis tarde, como en Hungría non había un banco nacional, o Magyar Postatakarékpénztár ("Banco Postal de Aforro de Hungría") recibiu o permiso para emitir billetes de 5, 10 e 20 coroas. Pola súa banda, a sobreestampaxe de billetes do anterior Banco Austrohúngaro non comezou ata 1920, o que o converteu no derradeiro dos países xurdidos do Imperio en botar man desta práctica. E finalmente, instituíuse o Banco Real do Estado Húngaro, que recibiu o dereito de emitir billetes do Tesouro.[1]

Billetes do Banco Austrohúngaro (1919) editar

O Oesterreichisch-ungarische Bank / Osztrák-magyar Bank ("Banco Austrohúngaro") era a institución da que a monarquía do Imperio Austrohúngaro se valera para imprimir en exclusiva os billetes imperiais. Os billetes imprimíanse en Viena, e desde alí subministrábanselle a Hungría. Mais durante a guerra, o secretario xeral da institución en Viena suspendeu deliberadamente a subministración de papel moeda a Hungría.[2][3]

Finalizada a I Guerra Mundial, o Goberno de Hungría dirixido por Károlyi solicitoulle ao banco conxunto que lle entregase a Hungría as pranchas de impresión e o papel especial para billetes, xa que sería demasiado perigoso o traslado dos billetes xa fabricados, por mor da incerteza política. Os billetes producidos en Budapest con estas pranchas, con valores de 1, 2, 25 e 200 coroas, primeiro baixo o goberno de Károlyi e logo na República Soviética, son idénticos aos emitidos polo Imperio e aos que continuaba a imprimir Austria, aínda que se recoñecen por teren uns números de serie característicos (1 e 2 coroas: superior a 7.000; 25 coroas: superior a 3.000; e 200 coroas: superior a 2.000). Logo da caída da República Soviética, Viena pasou a considerar estes billetes como falsos.[2][3].

Billetes do Banco Austrohúngaro
Imaxe Valor nominal Dimensións Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Emisión Retirada
    1 coroa 112 × 67 mm Arquitectura clásica Cabeza frixia 30-IV-1919 14-III-1922
    2 coroas 123 × 83 mm Modelos femininos Modelos femininos 25-V-1919 31-XII-1922
    25 coroas 135 × 80 mm Modelo feminino Liso ou padrón ondulado 25-IV-1919 11-XI-1920
    200 coroas 167 × 99 mm Modelo feminino Liso ou padrón ondulado 20-V-1919 11-XI-1920

Billetes do Banco Postal de Aforro (1919) editar

Meses máis tarde, no mesmo 1919, emitíronse os billetes do Banco Postal de Aforro (Postatakarékpénztári jegy) conforme un decreto do Consello de Goberno Revolucionario da República Soviética, que naquel momento funcionaba como banco autorizado en exclusiva polo Estado para a emisión de papel moeda. Os billetes dos valores superiores que foran emitidos con anterioridade polo Banco Austrohúngaro foron depositados á par para evitar a inflación.[4][5]

Billetes do Banco Postal de Aforro
Imaxe Valor nominal Dimensións Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Emisión Retirada
    5 coroas 132 × 80 mm Modelo masculino A MAGYAR POSTATAKARÉKPÉNZTÁR PÉNZJEGYE 6-VI-1919 28-I-1923
    10 coroas 140 × 88 mm Cabeza frixia Valor 23-VII-1919 28-I-1923
    20 coroas 145 × 90 mm Cabeza frixia Valor en varias linguas 23-VII-1919 28-I-1923
    100 coroas 168 × 120 mm Modelo masculino Valor en varias linguas Non emitido -
    1.000 coroas 200 × 134 mm Composición alegórica Valor en varias linguas Non emitido -

Billetes sobreestampados do Banco Austrohúngaro (1920) editar

Hungría foi o derradeiro dos novos estados en sobreestampar os anteriores billetes do Imperio Austrohúngaro, para os dotar validez no seu territorio. O goberno de Károlyi planeara comezar a reestampaxe o 21 de marzo de 1919, mais o establecemento da República Soviética modificou o calendario previsto e pospuxo os plans. Finalmente, os billetes (con valores faciais desde as 10 ás 10.000 coroas) comezaron a reestamparse o 18 de marzo de 1920. O motivo co que Hungría reestampou estes billetes consistiu nun selo redondo de cor vermella.[6][7]

Billetes sobreestampados do Banco Austrohúngaro
Imaxe Valor nominal Dimensións Descrición Datas
Anverso Reverso Emisión Retirada
  10 coroas 150 × 79 mm Modelo infantil Modelo infantil 24-VII-1916 31-I-1924
  20 coroas 150 × 89 mm Modelo feminino Modelo feminino 28-X-1918 31-I-1924
  25 coroas 135 × 80 mm Modelo feminino Liso ou padrón ondulado 25-IV-1919 11-XI-1920
  50 coroas 162 × 100 mm Modelo feminino Modelo feminino 18-XII-1916 31-I-1924
  100 coroas 163 × 107 mm Modelo feminino Modelo feminino 13XII-1912 30-IX-1922
  200 coroas Modelo feminino
  1.000 coroas 191 × 127 mm Modelo feminino Modelo feminino 2-I-1903 31-VIII-1921
  10.000 coroas 191 × 127 mm Modelo feminino Modelo feminino 19-XII-1918 5-VI-1921

Billetes estatais (1921-1924) editar

E finalmente, en 1921 comezaron a emitirse novos billetes estatais. O seu deseñador foi Ferenc Helbing e comezaron a imprimirse en Suíza, na compañía Orell Füssli, de Zürich (excepto os de baixo valor facial, que requirían menor calidade por non correr tanto risco de falsificación) e máis tarde pasaron a ser producidos na propia Hungría por unha compañía fundada para o efecto, a Magyar Pénzjegynyomda Rt. ("Compañía de Impresión de Billetes"), en Budapest.[8] O tamaño dos billetes aumentaba conforme os seus valores nominais ían ascendendo, o que motivou que as prensas tivesen que ser modificadas, para asumiren os novos tamaños. A partir de 1923 comezaron a emitirse billetes de menor tamaño e cos mesmos deseños ou, nalgúns casos, con lixeiras modificacións. Os billetes estatais emitíronse con valores de 1, 2, 10, 20, 50, 100, 500. 1.000, 5.000, 10.000, 25.000, 50.000, 100.000, 500.000 e 1.000.000 coroas húngaras, entre maio de 1921 e xuño de 1924.[9][10]

Serie de valores baixos
Imaxe Valor nominal Dimensións Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Emisión Retirada
    1 coroa 129 × 65 mm Modelo Feminino Valor en 6 idiomas 11-VII-1921 30-VI-1927
    2 coroas 131 × 76 mm Labrego apañando trigo
    10 coroas 135 × 79 mm Ponte das cadeas
    20 coroas 143 × 84 mm Castelo de Buda
Serie de tamaño grande
Imaxe Valor facial Dimensións Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Emisión Retirada
    50 coroas 150 × 95 mm Francisco II Rákóczi Valor en 6 linguas 11-VII-1921 30-VI-1927
    100 coroas 155 × 100 mm Rei Matías 9-V-1921 31-VII-1926
    500 coroas 170 × 110 mm Príncipe Árpád
    1.000 coroas 193 × 125 mm Rei San Estevo
    5.000 coroas 205 × 135 mm Hunnia
    10.000 coroas 211 × 144 mm PATRONA HUNGARIAE
    25.000 coroas 213 × 147 mm PATRONA HUNGARIAE 6-IX-1922
Serie de tamaño reducido
Imaxe Valor nominal Dimensións Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Emisión Retirada
    100 coroas 119 × 72 mm Rei Matías Valor en 6 linguas 18-III-1924 30-VI-1927
    500 coroas 128 × 74 mm Príncipe Árpád 20-VI-1924
    1.000 coroas 136 × 78 mm Rei San Estevo 1-IX-1923
    5.000 coroas 139 × 83 mm Hunnia 18-III-1924
    10.000 coroas 145 × 88 mm PATRONA HUNGARIAE 18-III-1924
    25.000 coroas 145 × 98 mm Rei San Ladislau 19-V-1924
    50.000 coroas 165 × 105 mm Modelo feminino 16-VII-1923
    100.000 coroas 165 × 105 mm Modelo feminino 30-VII-1923
    500.000 coroas 185 × 85 mm Modelo feminino 23-II-1924 30-VI-1928
    1.000.000 coroas 185 × 85 mm Modelo feminino 31-III-1924

Despois do 25 de agosto de 1926, os billetes de 1.000 coroas e superiores foron reselados para amosaren o valor en pengős, a nova moeda.

Billetes estatais co valor en pengő sobreimpreso
1.000 coroas
8 fillér
5.000 coroas
40 fillér
10.000 coroas
80 fillér
25.000 coroas
2 pengő
       
50.000 coroas
4 pengő
100.000 coroas
8 pengő
500.000 coroas
40 pengő
1.000.000 coroas
80 pengő
 

Marcas de impresor nos billetes estatais editar

  • Billetes de valor nominal baixo (de 1 a 20 coroas, impresos en 1920): carecen de marca (impresos en Budapest en diferentes compañías).
  • Billetes de tamaño grande (de 50 a 25.000 coroas, impresos en 1920 e 1922): ORELL FÜSSLI ZÜRICH.
  • Billetes de tamaño grande (de 100 a 1.000.000 coroas, impresos en 1923 e 1924): ou ben ORELL FÜSSLI ZÜRICH, ou ben "Magyar Pénzjegynyomda Rt. Budapest." ou ben sen marca ningunha (impresos tamén pola Magyar Pénzjegynyomda Rt.).
  • Billetes de gran e de peuqeno tamaño (de 50 a 1.000.000 coras): ou ben T. W. ou ben W ou ben T. WILLI, iniciais de Traugott Willi, o nome do inventor da técnica coñecida como photo guilloche, utilizada para a impresión destes billetes, coñecido polos seus deseños de billetes suízos producidos pola compañía Orell Füssli, de Zürich.[11]
Marcas de impresor nos billetes estatais
  ORELL FÜSSLI ZÜRICH
  Magyar Pénzjegynyomda Rt. Budapest.
  T. W.

Notas editar

  1. "Korona (1892-1925)". Papirpenz.hu
  2. 2,0 2,1 Cuhaj G. S. (2008). Páxinas 682-683.
  3. 3,0 3,1 Rádóczy, G. (1984). Páxinas 46,47,52, 62-64.
  4. Rádóczy, G. (1984).. Páxinas 55, 58 e 60.
  5. Cuhaj G. S. (2008). Páxina 684.
  6. Cuhaj G. S. (2008). Páxinas 683-684.
  7. Rádóczy, G. (1984). 20, 26, 27, 42, 44, 46, 48, 49, 51, 52, 54, 55, 57, 58 e 62-64
  8. Rádóczy, G. (1984). Páxinas 22-23.
  9. Rádóczy, G. (1984). Páxinas 39-46.
  10. Cuhaj G. S. (2008). Páxinas 685-688.
  11. "Third banknote series (1918)". Banque nationale suisse.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Cuhaj G. S. (2008). Standard Catalog of World Paper Money. General Issues 1368-1960. Krause Publications. ISBN 978-0-89689-730-4
  • Leányfalusi, H.; Nagy, A. (2006). A korona-fillér pénzrendszer - Magyarország fém- és papírpénzei 1892-1925. Magyar Éremgyűjtők Egyesülete. Budapest. ISBN 963-229-523-4
  • Rádóczy, G. (1984). A legújabb kori magyar pénzek (1892-1981). Budapest. Corvina. ISBN 963-13-1528-2
  • Rádóczy, G.; Tasnádi, C.. (1992). Magyar papírpénzek 1848-1992. Danubius Kódex Kiadói Kft. ISBN 963-7434-11-9

Ligazóns externas editar