Billetes da coroa checoslovaca (1953)

Os primeiros billetes da terceira coroa checoslovaca foron emitidos polo Partido Comunista de Checoslovaquia en valores de 1, 3 e 5 korun (billetes estatais) e polo Banco do Estado en valores de 10, 25, 50 e 100 korun (billetes). A partir de 1958, foron deseñados novos billetes de 25, 10, 100 korun e finalmente tamén billetes 50 Kčs; por outra banda, os billetes estatais foron gradualmente substituídos por moedas durante os anos 1960. Os billetes de 20 Kčs foron impresos a partir do ano 1970 para substitui-los billetes de 25 Kčs. O billete de 500 Kčs apareceu en 1973. Comezando coas tiradas de billetes de 1.000 korun do ano 1985, foi introducida unha nova serie, máis uniforme (deseñador: Albin Brunovský), a cal se lle engadía un novo valor facial cada ano. Este proceso interrompeuse pola caída do comunismo (e, finalmente, pola disolución do país): o novo billete de 100 Kčs emitido en 1989, que amosaba a Klement Gottwald, un destacado líder comunista, foi rapidamente retirado trala Revolución de Veludo. O novo billete de 500 Kčs nunca chegou a ser emitido.

Billete de 20 Kčs, 1988, anverso
Valor facial Dimensións Cor principal Idioma Descrición Date of
Anverso Reverso da emisión da retirada
Emisións de 1958
25 Kčs 140 × 69 mm Azul Checo e Eslovaco Jan Žižka A Praza Jan Žižka en Tábor 1 de decembro de 1958 31 de decembro de 1972
Emisións de 1960 a 1964
3 Kčs 113 × 55 mm Azul Checo e Eslovaco. Valor facial Escudo de armas. 1 de decembro de 1961 31 de decembro de 1967
5 Kčs 123 × 59 mm Verde Checo e Eslovaco. Valor facial Escudo de armas. 1 de decembro de 1961 31 de decembro de 1967
10 Kčs 134 × 65 mm Marrón Eslovaco Rapazas con flores. Panorámica do Encoro de Orava. 1 de decembro de 1961 30 de xuño de 1988
25 Kčs 140 × 69 mm Azul Checo e Eslovaco. Jan Žižka A Praza Jan Žižka en Tábor. 2 de maio de 1962 31 de decembro de 1972
50 Kčs 150 × 75 mm Vermello Eslovaco Un soldado ruso e un partisano. A refinaría Slovnaft de Bratislava. 1 de abril de 1965 30 de xuño de 1991
100 Kčs 165 × 81 mm Verde Checo Parella de labregos pobres. Vista de Praga co Castelo de Praga e a Ponte de Carlos. 1 de decembro de 1962 7 de febreiro de 1993
Emisións de 1970 a 1973
20 Kčs 134 × 59 mm Azul Checo Jan Žižka Imitación dunha ilustración dun códice. 1 de abril de 1971 30 de xuño de 1991
500 Kčs 153 × 67 mm Marrón Eslovaco Partisanos da Insurrección nacional eslovaca de 1944. Castelo de Devín. 1 de novembro de 1973 7 de febreiro de 1993
Emisións de 1985 a 1989
10 Kčs 133 × 67 mm Marrón Eslovaco Pavol Országh-Hviezdoslav Escena de Orava. 1 de xullo de 1986 7 de febreiro de 1993
20 Kčs 138 × 67 mm Azul Checo Comenius Ilustración relativa á cultura e a educación. 1 de outubro de 1988 7 de febreiro de 1993
50 Kčs 143 × 67 mm Vermello Eslovaco Ľudovít Štúr Vista de Bratislava co Castelo de Bratislava (dende o restaurante do cumio da torre do Nový Most). 1 de outubro de 1987 7 de febreiro de 1993
100 Kčs 148 × 67 mm Verde Checo Klement Gottwald Vista de Praga co Castelo de Praga e a Ponte de Carlos. 1 de outubro de 1989 31 de decembro de 1990
1.000 Kčs 158 × 67 mm Azul Checo Bedřich Smetana Panorámica do río Moldova visto dende Vyšehrad. 1 de outubro de 1985 7 de febreiro de 1993

Véxase tamén editar

Outros artigos editar