O Big Rip é unha hipótese cosmolóxica que propón un final fóra do común para a fin do universo. Predí que a densidade de toda a materia do universo, desde estrelas e galaxias a átomos e partículas subatómicas, increméntase co tempo, isto a pesar de que o universo segue a expandirse; nesta situación a densidade do universo convértese en infinita nun tempo finito, teminando a súa existencia por unha singularidade gravitacional en toda a súa estrutura. A diferenza do Big Crunch, no cal todo se condensa nun só punto, no Big Rip o universo convértese en partículas subatómicas flotantes que permanecerían separadas para sempre, sen cohesión gravitatoria nin enerxía.

Unha galaxia baixo o influxo do Big Rip

A hipótese propúxoa por primeira vez Robert R. Caldwell en 1999, o nome puxéronllo el e os seus colaboradores Marc Kamionkowski e Nevin N. Weinberg en 2003.

Ligazóns externas editar