Biblioteca nacional

biblioteca na que se deposita, preserva e difunde o patrimonio bibliográfico dun país

Unha biblioteca nacional é aquela institución na cal se deposita, preserva e difunde o patrimonio bibliográfico (libros, diarios, revistas, folletos, gravacións, etc.) dun país.[1] Contén, por exemplo, primeiras edicións de obras históricas.

Vista da sede da Biblioteca Nacional de España.

A diferenza dun arquivo nacional, non garda os documentos administrativos, legais ou coleccións de institucións públicas ou particulares.

Coma custodio do patrimonio dunha nación, na maioría dos casos por lei, certa cantidade de exemplares das obras impresas ou producidas noutros soportes no país deben depositarse na biblioteca nacional. Esta medida tamén serve para rexistrar e constatar os dereitos de autor.

En caso de América e España as bibliotecas nacionais atópanse agrupadas na Asociación de Estados Iberoamericanos para o Desenvolvemento das Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica (ABINIA).[2]

En Europa, The European Library (A Biblioteca Europea) destínase a integrar as existencias das bibliotecas nacionais europeas.[3]

Nalgúns casos, como en México dende 1944, existe unha Hemeroteca Nacional como dependencia independente, onde se gardan os xornais e revistas.

Notas editar

  1. "Coleccións que se arquivan na Biblioteca Nacional de España". Biblioteca Nacional de España (en castelán). Consultado o 24 de xuño do 2020. 
  2. "Obxetivos de ABINIA". Abinia (en Internet Archive) (en castelán). Archived from the original on 02 de maio de 2019. Consultado o 24 de xuño do 2020. 
  3. "Sobre nosotros". Europeana (The European Library) (en castelán). Consultado o 24 de xuño do 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar