Bianca e Fernando

Bianca e Fernando é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Domenico Gilardoni na súa primeira versión, estreada o 30 de maio de 1826 no Teatro San Carlo de Nápoles.

Bianca e Gernando (1ª versión)
Bianca e Fernando (2ª versión)
FormaÓpera
Actos e escenas3 actos (1ª versión)
2 actos (2ª versión)
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaDomenico Gilardoni (1ª versión)
Felice Romani (2ª versión)
Fontes literariasCarlo Roti Bianca e Fernando alla tomba di Carlo IV, duca d'Agrigento
Estrea30 de maio de 1826
Teatro da estreaTeatro San Carlo
Lugar da estreaNápoles
Música
CompositorVincenzo Bellini
Localización da partituraConservatorio S. Pietro a Majella, Nápoles
Personaxes

Bianca (soprano)
Gernando ou Fernando (tenor)
Carlo (baixo)
Filippo (baixo)
Clemente (baixo)
Viscardo (mezzosoprano)
Uggero (tenor)
Eloisa (mezzosoprano)

Esta ópera case non se representa na actualidade, non aparecendo nas estatísticas de Operabase entre as óperas representadas no período 2005-2010.[1] A pesar de non ser unha das obras máis coñecidas de Bellini, a súa aria para soprano Sorgi, o padre pode escoitarse de cando en vez en recitais.[2]

Historia editar

Existen dúas versión desta ópera: a primeira, titulada Bianca e Gernando (1826) ten libreto escrito por Domenico Gilardoni e baseado en Bianca e Fernando alla tomba di Carlo IV, duca di Agrigento (Bianca e Fernando na tumba de Carlos IV, duque de Agrigento) de Carlo Roti, publicado en Nápoles en 1825. Gilardoni estreouse no xénero operístico con esta versión e o seu libreto presenta un aspecto máis literario que teatral. Esta versión foi estreada no Teatro San Carlo de Nápoles o 30 de maio de 1826 e supuxo un éxito inmediato de público e crítica cun elenco de primeira orde con nomes como Henriette Méric-Lalande (Bianca), Giovanni Battista Rubini (Fernando) e Luigi Lablache (Filippo).

A partitúra autógra autógrafa incompleta está no Conservatorio de San Pietro a Majella de Nápoles. As copias están no mesmo conservatorio e no Museo Bellini de Catania.

A segunda versión editar

A segunda versión, Bianca e Fernando (1828) ten libreto modificado por Felice Romani, quen se convertería en colaborador de Bellini en sete das súas óperas, e por un poeta anónimo de Milán. A primeira representación de Bianca e Fernando tivo lugar con ocasión da inauguración do novo Teatro Carlo Felice de Xénova, o 7 de abril de 1828. A revisión ocupou ao compositor dende principios de febreiro ata principios de abril de 1828. A partitura da nova versión pode ser reconstruída case por completo (agás o allegro da sinfonia) en base a diversas fontes, incluídas as copias da primeira versión sobre as que Bellini anotou as modificacións. Os intérpretes principais na estrea da segunda versión o 7 de abril foron Adelaide Tosi (Bianca), Giovanni David (Fernando) e Antonio Tamburini (Filippo) e o resultado foi excelente. Porén, Bianca e Fernando non se chegou a estabilizar no repertorio e sufriu inevitáblemente a comparación cos traballos posteriores.

As principais modificacións foron:

  • O engadido do segundo movemento da sinfonia (allegro).

Acto I

  • A substitución da cabaletta pola cavatina de Fernando (Ascolta, o padre, i gemiti en lugar de Il brando immergere);
  • A substitución da cabaletta pola cavatina de Filippo (O contento desiato en lugar de Cessa crudel pensiero);
  • A substitución do verso da cabaletta do terzetto Fernando-Filippo-Viscardo (Col brando di morte en lugar de Tu speri, o superbo);
  • A substitución da cavatina de Bianca.

Acto II

  • A substitución do solo de clarinete por un solo de frauta no preludio da romanza de Bianca;
  • A adición do coro Tutti siam (destinato a pasar en Zaira e Norma);
  • A adición da aria de Fernando
  • Parte do terzetto Bianca-Fernando-Carlo
  • A adición da escena e aria final de Bianca en lugar dunha peza máis breve xuntos.

Reutilización de materiais editar

Bellini reutilizou todo o material motívico da súa Sinfonía en Do menor, composta durante os seus anos de estudo no conservatorio de Nápoles, en Bianca e Fernando. A primeira parte do tempo lento converteuse na introdución da escena da prisión de Carlo, no segundo acto; mentres que a segunda parte foi empregada ao inicio do terzetto seguinte, mentres Bianca e Fernando entran no cárcere. O Allegro converteuse no peche do final do primeiro acto.

No final da segunda versión, Bellini aquelou o arioso de Nelly Salvini, alle tue piante ao novo arioso de Bianca Crudele, alle tue piante.

Á vez, Bianca e Fernando deu numerosas melodías ás óperas Zaira, Norma, Beatrice di Tenda e I puritani.

Personaxes editar

Primeira versión editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea da primeira versión,
30 de maio de 1826
Bianca soprano Henriette Méric-Lalande
Gernando tenor Giovanni Battista Rubini
Carlo baixo Arcangelo Berrettoni
Filippo baixo Luigi Lablache
Clemente baixo Michele Benedetti
Viscardo mezzosoprano Almerinda Manzocchi
Uggero tenor Gaetano Chizzola
Eloisa mezzosoprano Eloisa Manzocchi

Segunda versión editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea da segunda versión
7 de abril de 1828
Bianca soprano Adelaide Tosi
Fernando tenor Giovanni David
Carlo baixo Giuseppe Rossi
Filippo baixo Antonio Tamburini
Clemente baixo Agostino Rovere
Viscardo mezzosoprano Elisabetta Coda
Uggero tenor Antonio Crippa
Eloisa mezzosoprano Marietta Riva

Características xerais editar

Esta ópera é pouco coñecida e nalgúns aspectos inmatura, porén Bianca e Fernando contén o xermolo de moitos dos trazos característicos da personalidade de Bellini. A partir do argumento que, se ben faise innecesariamente complicado, xira en torno ao tema predilecto da recomposición dun universo de afectos desgarradores: neste caso a reunificación da familia do duque Carlo, desmembrada polas intrigas de Filippo. Este tema é central na súa ópera Zaira, baseada nun tema sorprendentemente similar, e é diversamente abordado en La sonnambula e Norma.

Todo o drama tende polo tanto ao encontro entre os dous irmáns e á sucesiva escena do cárcere, na que se encontran co seu pai, ao que crían morto. A maior parte desta ópera, incluso musicalmente, dá comezo co dueto de Bianca e Fernando, que espertou o entusiasmo do público napolitano, e cuxo implacable diálogo alcanza unha temperatura moi alta -incluso máis que as partes pechadas- , anticipando en termos de sínteses a gran forza dramática que acadou Giuseppe Verdi

Argumento editar

A acción ten lugar en Agrigento, entre os séculos XIV e XV.

Antecedentes editar

O ambicioso Filippo encerrou no cárcere a Carlo, duque de Agrixento, para usurpar o trono. Fernando, fillo de Carlo, foi levado posteriormente ao desterro sendo un neno, mentres que Bianca, a súa filla, viúva do duque de Messina e nai do pequeno Enrico, ignorando a trama de Filippo accedeu a converterse na súa esposa. Fernando, agora adulto, regresa á súa patria co propósito de vingar ao seu pai, a quen cría morto.

Acto I editar

Baixo o nome falso de Adolfo, soldado de fortuna, Fernando preséntase na corte de Agrixento e ofrece os seus servizos ao novo duque. Adolfo fai saber a Viscardo, secuaz de Filippo, que viu morrer a Fernando. Filippo recibe a noticia con ledicia e contrata a Adolfo sen pensalo, meditando encargarlle a tarefa de que mate a Carlo.

Bianca preséntase na corte para encontrarse co seu futuro esposo. Alí coñece a Fernando, mais logo de tantos anos non o recoñece. De feito sospeita del. Fernando, pola súa parte, está convencido de que a súa irmá é cómplice do usurpador.

Acto II editar

Filippo ordena ao falso Adolfo que acuda á prisión para matar a Carlo, anunciándolle tamén a inminente voda con Bianca. O vello confidente Clemente informa a Fernando de que Bianca desexa velo. Finalmente os irmáns se encontran cara a cara. Cando se recoñecen, Fernando revela a Bianca a trama de Filippo. Os dous se dirixen ao cárcere para liberar a Carlo, seguidos polo compañeiro de armas de Fernando, cando aparece Filippo co pequeno Enrico, ameazando con matalo se Fernando non se rende. Porén Clemente o desarma e o tirano é derrocado finalmente.

Arias célebres editar

  • A tanto duol, cavatina de Fernando (acto I)
  • Ah! che l'alma invade un gel!, concertato (acto I)
  • Sorgi, o padre, romanza de Bianca (acto II)
  • T'inoltra [...] No! mia suora più non sei... duetto de Bianca e Fernando (acto II)
  • Tutti siam?, coro (acto II)
  • Da gelido sudore, romanza de Carlo (acto II)

Gravacións editar

Ano Elenco
(Bianca, Fernando, Filippo, Carlo)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[3]
1976 Yasuko Hayashi,
Antonio Savastano,
Mario Macchi,
Mario Macchi
Gabriele Ferro,
RAI Turin Orchestra and Chorus
CD de son: Opera d'Oro
Cat: OPD 1419
1991 Young Ok Shin,
Gregory Kunde,
Haijing Fu,
Aurio Tomicich
Andrea Licata,
Teatro Massimo Bellini, Orquestra e coro, Catania
CD de son: Live Opera
Sen numerar

DVD: House of Opera,
cat: DVDCC 247

Notas editar

  1. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  2. Anderson, Keith La ópera de la A a la Z en Naxos, HNH International Ltd. 2002 ISBN 1-84379-034-3
  3. Gravacións de Bianca e Fernando en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
  • Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregón: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3
  • Atti del Convegno di studi sull'opera «Bianca e Fernando» di Vincenzo Bellini, Genova 1979

Ligazóns externas editar