Beyoncé

cantante estadounidense de pop, R&B e soul

Beyoncé Giselle Knowles, nada o 4 de setembro de 1981 en Houston, máis coñecida simplemente como Beyoncé é unha cantante estadounidense de pop, R&B e soul.

Beyoncé
Nome completoBeyonce Giselle Knowles
Alcume/outrosQueen B, Beyoncé e First Lady of Music
Nacemento4 de setembro de 1981
LugarHouston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educada enKinder High School for the Performing and Visual Arts, Alief Elsik High School e The Center for Early Education
PaiMathew Knowles
NaiTina Knowles
Cónxuxe(s)Jay-Z
FillosRumi Carter, Blue Ivy Carter e Sir Carter
Profesiónprodutora musical, actriz de cinema, cantautora, directora de cine, produtora, guionista, bailarina, emprendedora, coreógrafa, actriz de dobraxe, deseñador de moda e artista discográfico
Na rede
https://beyonce.com
IMDB: nm0461498 Allocine: 67148 Rottentomatoes: celebrity/beyonce_knowles Allmovie: p327089 TV.com: people/beyonc-knowles IBDB: 507008
Facebook: beyonce Twitter: Beyonce Instagram: beyonce Tumblr: beyonce VK: id622560875 MySpace: beyonce Youtube: UCuHzBCaKmtaLcRAOoazhCPA TikTok: beyonce Souncloud: beyonce Spotify: 6vWDO969PvNqNYHIOW5v0m iTunes: 1419227 Last fm: Beyoncé Musicbrainz: 859d0860-d480-4efd-970c-c05d5f1776b8 Songkick: 553938 Discogs: 52835 Allmusic: mn0000761179 WikiTree: Knowles-3060 Deezer: 145 Genius: Beyonce Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla da deseñadora de moda Tina Knowles e do produtor musical Matthew Knowles, estudou en varias escolas de arte, cantando e bailando en competicións desde nena. Beyoncé fíxose famosa a finais da década de 1990 como a cantante principal do grupo feminino Destiny's Child, vendendo 50 millóns de discos co grupo e 25 millóns en solitario.

En xuño de 2003 durante unha paréntese co grupo Destiny's Child, Beyoncé lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Dangerously in Love, convertido nun dos máis exitosos dese ano tanto de pública como de crítica, con tres cancións Crazy in Love, Naughty Girl e Baby Boy subindo ó máis alto das listas e dándolle cinco Premios Grammy en 2004. A desaparición de Destiny's Child en 2005 permitiulle continuar a súa carreira en solitario, o seu seguinte álbum B'Day (2006) debutou no número un do Billboard, con cancións de tanto éxito como Deja Vu, Irreplaceable e Beautiful Liar. O seu terceiro álbum, I Am… Sasha Fierce editouse en novembro de 2008 e incluía éxitos como If I Were a Boy, Single Ladies (Put a Ring on It) e Halo.

O éxito dos seus álbums estableceuna como unha das artistas máis comerciais da industria musical, tamén comezou unha carreira como actriz en 2001 ó aparecer no musical Carmen: A Hip Hopera e 2006 a adaptación de Broadway Dreamgirls, e en 2009 o seu primeiro gran papel en Obsessed. No ano 2004 sacou ó mercado, a súa propia liña de moda. Casou o 4 de abril de 2008 co rapeiro Jay-Z.

Tamén foi premiada cun premio Grammy nas edicións dos anos 2006, 2007 e 2009, e con cinco no ano 2010.