Bette Nesmith Graham

Bette Clair McMurray, nada en Dallas o 23 de marzo de 1924 e finada en Richardson o 12 de maio de 1980, foi unha mecanógrafa e artista comercial estadounidense inventora do corrector líquido, coñecida como Bette Nesmith Graham. Foi a nai do músico e produtor Michael Nesmith de The Monkees.[1]

Infotaula de personaBette Nesmith Graham
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1924 Editar o valor em Wikidata
Dallas, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1980 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Richardson, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAlamo Heights High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventora , secretario , emprendedora , datilógrafa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMichael Nesmith (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: McMurray-2 Find a Grave: 13208394 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Graham naceu en Dallas, Texas, filla de Jesse McMurray, xerente dunha compañía de repostos de automoción, e Christine Duval.[2] Creceu en San Antonio e graduouse no Alamo Heights High School.[3] Casou con Warren Audrey Nesmith (1919–1984) antes de que el marchase para loitar na segunda guerra mundial. Mentres estaba en ultramar tivo un fillo, Robert Michael Nesmith, que naceu o 30 de decembro de 1942. Despois de que Warren Nesmith volvese á casa, divorciáronse (1946). O pai de Graham morreu a principios da década de 1950, deixándolle varias propiedades en Dallas. Ela, a súa nai, Michael e a súa irmá Yvonne mudáronse alí. Para apoiarse como nai solteira, traballou como secretarias no Texas Bank and Trust. Posteriormente obtivo o posto de secretaria executiva, o posto máis alto aberto nesa época para unha muller na industrai.

Era difícil borrar erros feitos coas primeiras máquinas de escribir eléctricas, o que provocaba problemas. Para lograr cartos extra, empregaba a súa habilidade para pintar fiestras en vacacións. Deuse de conta, como dixo, de que "coa caligrafía, un artista nunca corrixe borrando, senón que sempre pinta sobre o erro. Así que decidín empregar o que usan os artistas. Puxen algo de témpera baseada en auga nun bote e levei o meu cepillo para acuarela ao despacho. Useino para corrixir os meus erros".[4]

Graham empregou a súa pintura correctora branca en segredo durante cinco anos, facendo algunhas melloras coa axuda do profesor de química do seu fillo no Thomas Jefferson High School de Dallas. Algúns xefes amoestárona por usalo, pero os seus compañeiros buscaban con frecuencia a súa pintura. Finalmente comezou a vender o seu líquido corrector para escritura a máquina como "Mistake Out" en 1956. O nome foi cambiado posteriormente a Liquid Paper cando creou a súa propia empresa.[5]

Mistake Out comezou na década de 1960 cunha pequena perda, co fogar de Nesmith actuando como sede da compañía. Cando o produto se converteu nunha ferramenta indispensable para o secretariado, Nesmith moveu a produción e distribución da súa cociña á unha estrutura metálica portátil de 10 por 26 pés no seu patio, onde estaban centradas a embalabaxe, a distribución e a produción.[6]

Bette Nesmith casou con Robert Graham en 1962 e el uniuse á dirección da empresa.[7] Divorciáronse en 1975.[8]

Vendeu Liquid Paper a Gillette Corporation por 47,5 millóns de dólares en 1979. Nesa época, a súa empresa empregaba duascentas persoas e fabricaba 25 millóns de botes de líquido corrector cada ano.[9]

Bette Nesmith faleceu o 12 de maio de 1980, con 56 anos, en Richardson, Texas.[10]

Estilo de mando editar

Dende o principio, Graham dirixiu a súa empresa cunha combinación única de espiritualidade, igualitarismo e pragmatismo. Criada como metodista, converteuse á Ciencia Cristiá en 1942, e esta fe inspirou o desenvolvemento da súa "declaración de política" corporativa. En parte código ético, en parte filosofía de negocios, cubría todo pola súa crenza nun "ser supremo" nun foco de decisión descentralizado e na énfase na calidade do produto sobre a procura de beneficio. Tamén cría que as mulleres podían achegar máis calidade de educación e humanista ao masculino mundo dos negocios, e proporcionou un cinto verde cun estanque de peixes, unha biblioteca e un centro de coidado infantil na sede da súa nova empresa en 1975.[11]

Legado editar

O seu único fillo, o músico Michael Nesmith (coñecido como membro de The Monkees), herdou a metade da propiedade da súa nai de máis de cincuenta millóns de dólares.[12] Unha porción financiou a Gihon Foundation que estableceu o Council on Ideas, un think tank cun centro de retiro situado ao norte de Santa Fe, Novo México activo entre 1990 e 2000 e dedicado a explorar os problemas do mundo.[13] En 2018 The New York Times publicou un obituario tardío por ela.[14]

Notas editar

  1. "Bette Nesmith Graham". Famous Women Inventors. Consultado o 18 de marzo de 2010. 
  2. Texas Birth Index, "Robert Micheal Nesmith" born 1942, retrieved from Ancestry.com, lists his mother's full birth name.
  3. "Gihon Foundation, 1793 Catalina Street, Sand City, CA 93955". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  4. Orixinal en inglés: "with lettering, an artist never corrects by erasing, but always paints over the error. So I decided to use what artists use. I put some tempera water-based paint in a bottle and took my watercolor brush to the office. I used to correct my mistakes."
  5. Blattman, Elissa (2013). ""Three Every-day Items Invented by Women"". National Women's History Museum. 
  6. James, Edward T., ed. (2004). Notable American women. Cambridge, Massachusetts: Belknap Press of Harvard University Press. p. 244. ISBN 9780674014886. 
  7. "Bette Nesmith Graham" (PDF). Celebrating Texas. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2010. 
  8. "Robert Michael Nesmith". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  9. "Gillette Paper Pact". The New York Times. 21 de setembro de 1979. Consultado o 21 de xullo de 2007. The Gillette Company said it had agreed to acquire the Liquid Paper Corporation for about $47.5 million in cash. Liquid Paper, which is privately held, earned more than $3.5 million on sales of $38 million in its fiscal year ended April 30. 
  10. "Dies at 56". Associated Press in The Tuscaloosa News. 15 de maio de 1980. Consultado o 18 de marzo de 2010. Bette Claire Graham, inventor of Liquid Paper ... She was the mother of Michael Nesmith, who was a member of the defunct Monkees rock group. 
  11. James, Edward T., ed. (2004). Notable American women. Cambridge, Massachusetts: Belknap Press of Harvard University Press. p. 244. ISBN 9780674014886. 
  12. Hollander, Nicole (14 de febreiro de 1988). "From The Folks Who Gave You Liquid Paper". The New York Times. Consultado o 18 de marzo de 2010. One Monkee, Michael Nesmith, didn't need the money. He had inherited $25 million from his mother, Bette Nesmith Graham, who invented Liquid Paper. 
  13. "The Gihon Foundation". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  14. "Overlooked No More: Bette Nesmith Graham, Who Invented Liquid Paper - The New York Times". Nytimes.com. Consultado o 13 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar