O bes (voz latina; plural: bessis) foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, emitida con carácter excepcional durante o período da República.[1][2][3]

Historia editar

O bes tiña un valor de oito onzas ou dous triens, o que o facía equivalente ás dúas terceiras partes dun ás, e foi emitido unicamente o ano 126 a. de C. polo maxistrado C. Cassius, xunto co dodrans (outra denominación monetaria non regular e igualmente rara, equivalente a tres cuartas partes do ás), así como o denario e o cuadrante, todas elas en cantidades exiguas.[4]

Caracterización editar

Esta moeda amosa no seu anverso á dereita o busto de Liber (na mitoloxía romana, o deus da fertilidade, a viticultura, o viño e a liberdade) á dereira cunha coroa de vide, detrás do sinal de valor: S ••. No seu reverso amósase a proa de barco característica das emisións romanas de bronce desa época, coa indicación do maxistrado monetario arriba, C. CASSI, ROMA abaixo, e a mesma indicación do valor diante.[5]

Notas editar

  1. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Bes".
  2. "Bes" e "Bessis". En Encyclopedie Methodique. Tomo 1. Parte 2ª Padua. 1788. Páxinas 448-449.
  3. "Bes". En Roman bronze coins. Submultiples of the as. www.monete-romane.com
  4. Lichtenberger, Peter. "Der As". En Imperium-romanum.com. 2008
  5. "Bes". Descrición e fotografía en Numismatics.org

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar