Mar Bertrand Piccard, nado en Lausana o 1 de marzo de 1958, é un aeronauta suízo.

Infotaula de personaBertrand Piccard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Lausana (Suíza) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza
Bélxica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Lausana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsiquiatría e Aeronáutica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , psiquiatra , aeronauta Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
21 de xaneiro de 2004World Economic Forum Annual Meeting 2004 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJacques Piccard Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webbertrandpiccard.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2127850 Twitter: bertrandpiccard TED: bertrand_piccard Editar o valor em Wikidata
Mar Bertrand Piccard en 1982.

Traxectoria editar

Psiquiatra e psicoterapeuta de profesión, é un experimentado piloto de ultralixeiros e globos de aire quente. Obtivo a súa primeira plusmarca en acrobacia aérea con 16 anos de idade, e tempo despois gañou o campionato europeo de ala delta.

Dirixe o proxecto de avión impulsado por enerxías renovables Solar Impulse. Preside "Winds of Hope", unha fundación humanitaria. Así mesmo, é embaixador de boa vontade das Nacións unidas.

É neto de Auguste Piccard, inventor do batiscafo, e fillo de Jacques Piccard, quen logrou a plusmarca de maior distancia de inmersión no fondo mariño dentro dun batiscafo.

Volta ao mundo en globo editar

Canda o piloto británico Brian Jones, o 21 de marzo de 1999, completou a primeira volta ao mundo en globo aerostático sen escalas, batendo a plusmarca de permanencia en voo (19 días, 21 horas e 47 minutos) e percorrendo unha distancia aproximada de 46.759 quilómetros a bordo do globo Breitling Orbiter 3, guiado polo centro de control no aeroporto de Xenebra. Despois de engalar en Château D'Oex o 1 de marzo de 1999, aterrou no deserto exipcio, a 300 km ao oeste do Cairo, no oasis Bawiti.

El e mais Brian Jones completaron a volta ao mundo ao pasaren polo meridiano 9 W en Mauritania, no norte de África.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar