Berredo, Agolada

parroquia civil do concello de Agolada

Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 106 habitantes (62 mulleres e 44 homes), 65 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.

Berredo
Igrexa de Santa María de Berredo.
ConcelloAgolada[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°49′35″N 8°02′05″O / 42.82644255, -8.03478839Coordenadas: 42°49′35″N 8°02′05″O / 42.82644255, -8.03478839
Área4,27 km²
Poboación106 hab. (2013)
Densidade24,82 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O topónimo Berredo podería ser un fitotopónimo procedente do termo berro (do céltico Berŭro), que designa a planta do agrón, co sufixo latino -ētu para indicar abundancia; ou ben podería ser un orónimo derivado do termo barro.[2]

Xeografía editar

Está situada ao norte do concello. Limita ao norte co concello de Santiso, ao leste con Eidián e ao sur e ao oeste con Artoño.

Patrimonio editar

  • Igrexa de Santa María de Berredo, románica, construída a finais do século XII, da que só se conserva a ábsida semicircular e os arranques da nave. Na ábsida, as columnas exteriores foron substituídas por contrafortes ou bandas lombardas; conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada.

Festas editar

A parroquia celebra tres festas no ano: o 3 de febreiro, San Brais; o segundo domingo de maio, Santa Lourdes; e os días 15 e 16 de agosto, Santa María, a patroa e o San Roque respectivamente.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Berredo editar

Lugares da parroquia de Berredo no concello de Agolada (Pontevedra)

O Almacén | Barrio | A Casa de Ascontra | As Casiñas | Cornella | O Corval | A Eirexe | O Pradeiro | Quintá

Parroquias de Agolada editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar