Bernardo Penabade

filólogo e profesor galego

Bernardo Penabade Rei, nado nas Grañas do Sor (Mañón) o 12 de xullo de 1964, é un profesor e escritor galego.

Bernardo Penabade
Nacemento12 de xullo de 1964
Lugar de nacementoAs Grañas do Sor
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilólogo e catedrático
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na área audiovisual en empresas vinculadas á TVG no momento en que esta comezaba as súas emisións. Ademais do sincronizado e da dobraxe de filmes e series televisivas, ocupouse da tradución de guións (especialmente de programas destinados ao público infantil). Tamén desenvolveu un importante labor de dinamización cultural na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións[1], foi un dos impulsores do colectivo de estudantes que organizou numerosos cursos e conferencias e que convocou o Certame Literario. Despois dun breve período de docencia no Colexio Paulo VI da Rúa, foi profesor no IES Otero Pedrayo de Ourense, no Johan Carballeira de Bueu, no de Ortigueira[2] e no IES Vilar Ponte de Viveiro. Desde 2003 dá clases de Lingua e Literatura Galegas no IES Perdouro de Burela[3]

Entre 1997 e 1998 foi colaborador habitual de Volvoreta, o suplemento do xornal El Correo Gallego para a comunidade universitaria de Compostela, publicando noticias de libros e entrevistas a escritores galegos[4].

Ten participado en numerosos congresos con relatorios publicados sobre lingüística, sociolingüística e didáctica. Traballos seus poden lerse nas revistas Agália, A Nosa Terra e Novas da Galiza, ben como nas actas de diversas reunións de carácter científico.

Dende 1983 é membro da Associaçom Galega da Língua, colectivo a prol do reintegracionismo e entre xullo de 2001 e 2007 foi o seu presidente. Co seu acceso á presidencia rompeuse unha traxectoria máis culturalista da AGAL e o grupo reintegracionista deu pasos na súa dimensión pública, como a participación na constitución da Assemblia da Língua, ensaio de plataforma de traballo conxunto de todos os grupos reintegracionistas, ou como a inauguración dun local de seu. Tamén se impulsaron o Portal Galego da Língua e o dicionario e-Estraviz.

Desde 2008 impulsa o Modelo Burela,[5][6][7] primeiro proxecto de planificación lingüística aprobado por unanimidade nunha vila galega e orientado á comunidade procedente de Cavo Verde. Desde 2012 coordina en Radio Burela[8] o programa radiofónico Proxecto Neo,[3][9][10][11][12] centrado nas experiencias de persoas neofalantes do noso idioma. Este programa (posteriormente reemitido polas emisoras comunitarias Cuac FM e Rádio Filispim) está realizado polo alumnado do IES Perdouro.

Desde 2021 é membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega.[13]

Obra publicada editar

  • Penabade Rei, Bernardo (2000). "Alguns usos conflitivos da preposiçom 'a' nos complexos verbais". En Rodríguez Fernández, José Luis. Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. 1. A obra de Ricardo Carvalho Calero; Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela. pp. 743–757. ISBN 84-8121-827-8. 
  • Penabade Rei, Bernardo; Fraga Celeiro, Xoan Carlos (1 de xuño de 2003). Lingua e Literatura. 3º ESO. A Nosa Terra. p. 248. ISBN 8496203026. 
  • Penabade Rei, Bernardo (1 de junio de 2003). Lingua e Literatura. 4º ESO. A Nosa Terra. p. 204. ISBN 8496203034. 
  • Penabade Rei, Bernardo (2004). "Estratégias para a recuperaçom lingüística no ensino". En Marco López, Aurora; Aradas Carollo, Elva; Vieito Carollo, Fernando; Couto-Cantero, Pilar. Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura 1. Deputación da Coruña. pp. 435–446. ISBN 84-95950-92-8. 
  • Martins Estévez, Higinio; Gonçalves Vicente, Ângelo; Penabade Rei, Bernardo (2008). Orgulho galego na diáspora: conversa com Higino Martins Estêvez. Fundación Comarcal O Baixo Miño. p. 73. 
  • Penabade Rei, Bernardo (2013). Conversas con Isaac Alonso Estraviz [Conversaciones con Isaac Alonso Estraviz]. Através Editora. p. 239. ISBN 978-84-87305-75-7. 
  • Outra voz na procura da emancipaçom nacional: Ricardo Flores, Educaçom e informaçom objectivas: dous direitos lingüísticos e As relaçons transfronteiriças no currículo académico in «Agália. Revista de Humanidades e Ciências Sociais».[14]

Obras colectivas editar

Premios editar

  • 2023: Premio Meendinho: “são muitas as razões para Bernardo Penabade levar este prémio, a começar pelo facto de ser com certeza, um exemplo de reintegracionismo coerente para todas as galegas e galegos, com o seu  compromisso com a Galiza e a sua língua”.[15]

Notas editar

  1. Penabade, Bernardo (2013). Conversas con Isaac Alonso Estraviz. Através Editora. p. 239. ISBN 978-84-87305-75-7. 
  2. Cuba, Ana F. (4 de novembro de 2018). "El IES revolucionó Ortigueira en 1978". El País (Ortigueira). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Mandiá, Diana (8 de marzo de 2012). "Un micro para el ‘neofalante’". El País (Burela). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  4. "Bernardo Penabade Rei (Biografía)". GaliciaDigital. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  5. Cerra, María José (11 de outubro de 2017). "‘Modelo Burela’ pide apoyo para sobrevivir". Cadena SER (Viveiro). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2022. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  6. Montenegro, Eva (27 de xaneiro de 2010). "El proyecto «Modelo Burela, en galego» interesa en Vigo e incluso en Madrid". La Voz de Galicia. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  7. Rey, Carlos (18 de maio de 2019). "Burela (Lugo), una Torre de Babel mirando al Cantábrico". Agencia EFE (Burela). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  8. Penabade Rei, Bernardo (16 de febreiro de 2018). "A Dádiva da Vida : Grandes Vozes do Nosso Mundo". PGL.gal (en portugués). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  9. Penabade, Bernardo (20 de outubro de 2017). "The Neo Project: An Educational Radio Program to Promote Social Cohesion" [O Proxecto Neo: un programa de radio educativo para promover a cohesión social]. En DePalma, R.; Pérez-Caramés, A. Galician Migrations: A Case Study of Emerging Super-diversity. Migration, Minorities and Modernity [Migracións galegas: un caso de estudo de superdiversidade emerxente. Migración, minorías e modernidad] (en inglés) 3. ISBN 978-3-319-66304-3. Consultado o 14 de maio de 2022. 
  10. Rey, Lucía (11 de maio de 2018). "Profesores nativos se ofrecen para «tirar» de los jóvenes caboverdianos". La Voz de Galicia (Viveiro). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  11. Rey, Lucía (19 de xuño de 2018). "Solicitan al Gobierno de Cabo Verde que ayude a su comunidad en Burela". La Voz de Galicia (Viveiro). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  12. Mariño, Moncho (30 de xaneiro de 2022). "Bernardo Penabade, Proxecto Neo: “Somos o resultado dun enfoque que é a pedagoxía comunicativa”". Xornal da Mariña. Consultado o 16 de maio de 2022. 
  13. Asociación Nordés (13 de abril de 2021). "Bernardo Penabade no Consello da Cultura Galega". La Voz de Galicia (A Mariña). Consultado o 14 de maio de 2022. 
  14. "Bernardo Penabade". catalogo.bne.es. Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  15. "Bernardo Penabade consegue o Prémio Meendinho 2023". Nós Diario. 5 de maio de 2023. Consultado o 6 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar