Bernard Lagat nado o 12 de decembro de 1974 en Kapsabet, no Val do Rift, é un corredor Kenyano nacionalizado estadounidense, especialista en media e longa distancia.

Infotaula de personaBernard Lagat

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Kapsabet, Kenya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Estado de Washington (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso59 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista , mediofondista , atleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivacorrida de meia-distância (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMary Chepkemboi (en) Traducir, William Cheseret (en) Traducir, Robert Cheseret (en) Traducir e Viola Cheptoo Lagat (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Twitter: Lagat1500 IAAF: 14243507 Editar o valor em Wikidata
1500 de Berlín 2009 (esquerda) e 3000 de Doha 2010 (dereita).
Cadro de medallas
Competindo para Estados Unidos de América Estados Unidos:
Campionato do Mundo de Atletismo
Ouro Osaca 2007 5000 m
Ouro Osaca 2007 1500 m
Prata Berlín 2009 5000 m
Bronce Berlín 2009 1500 m
Campionato do Mundo en Pista Cuberta
Ouro Doha 2010 3000 m [1]
Competindo para Quenia Kenya:
Xogos Olímpicos
Prata Atenas 2004 1500 m
Bronce Sidney 2000 1500 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Prata Edmonton 2001 1500 m
Campionato do Mundo en Pista Cuberta
Ouro Budapest 2004 3000 m
Prata Birmingham 2003 1500 m

Traxectoria editar

Estudou na Jomo Kenyatta University of Agriculture and Technology de Nairobi e na Washington State University. No ano 2000 foi bronce nos 1500 metros dos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.[2]

Non participou no Campionato do Mundo de atletismo de París 2003 por dar positivo por EPO,[3] pero a contraanálise deu negativa e non foi sancionado.[4] Nos Xogos do 2004 en Atenas gañou a prata, tamén en 1500 metros.

No ano 2005 anunciou a súa nacionalización como cidadán dos Estados Unidos. O cambio de nacionalidade comportou non poder participar no Campionato do Mundo do 2005. Coa súa nova nacionalidade gaña dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo de Osaka 2007, nas probas de 1500 e 5000 metros lisos.[5]

Lagat era un dos favoritos nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 pero na proba de 1500 metros non puido pasar de semifinais.[6] Foille mellor na proba de 5000 metros,[7] pero ó final só logrou unha pobre novena posición. Nos Campionatos do Mundo de Berlín 2009 gañou dúas medallas de prata e bronce, e en marzo de 2010 unha de ouro nos 3000 do campionato en pista cuberta, para completar o seu brillante palmarés.

Mellores marcas editar

Distancia marca data sede
800 m 1:46.00 10 de agosto de 2003 Berlín
1000 m 2:16.18 31 de agosto de 2008 Gateshead (R.U.)
1500 m 3:26.34 24 de agosto de 2001 Bruxelas
Milla 3:47.28 29 de xuño de 2001 Roma
2000 m 4:55.49 30 de xullo de 1999 Estocolmo
3000 m 7:33.15 17 de xullo de 2009 París Saint-Denis
Dúas millas 8:12.45 8 de xuño de 2008 Eugene (Oregón)
5000 m 12:59.22 28 de xullo de 2006 Londres

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Con 35 anos, foi a persoa máis vella en gañar unha proba do Campionato do Mundo en Pista Cuberta [1].
  2. perfil de Bernard Lagat en USATF (en inglés).
  3. Lagat fails drugs test, artigo en BBC Sport (en inglés).
  4. Lagat given all-clear artigo en BBC Sport (en inglés).
  5. With historic double, Lagat joins illustrious company Arquivado 06 de agosto de 2010 en Wayback Machine., artigo na páxina de Osaka 2007 (en inglés).
  6. Lagat fails ton make Olympic 1,500 final, artigo en The Arizona Republic (en inglés).
  7. Lagat rebounds in 5,000 meters, artigo en The Arizona Republic (en inglés).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition, Chicago (en inglés):
    Artigos: "World Outdoor Championships. (2007: from Track and Field Sports (Athletics))"; "Olympic Games. (2004: from Track and Field Sports)" e "Men's International Competition. (2003: from Track and Field Sports)".

Ligazóns externas editar