Bernard King

baloncestista estadounidense

Bernard King, nado o 4 de decembro de 1956 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante 14 temporadas cos New Jersey Nets, Utah Jazz, Golden State Warriors, New York Knicks e Washington Bullets da National Basketball Association (NBA). Fóra do baloncesto, é coñecido pola súa labor humanitaria. Desde o 8 de setembro de 2013 é membro do Basketball Hall of Fame.[1]

Bernard King
Posición Ala
Dorsal 22, 30, 55
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Nacemento 4 de decembro de 1956 (67 anos)
Nova York Brooklyn, Nova York
Carreira
Universidade Tennessee (1974–1977)
NBA Draft 1977 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por New Jersey Nets
Tempadas 19771993
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     19 655 (22,5 pp)
Rebotes     5 060 (5,8 pp)
Tapóns     2 863 (3,3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante 3 tempadas cos Volunteers da Universidade de Tennessee, onde fixo unha media de 25,8 puntos e 13,2 rebotes por partido. Foi nomeado Mellor Baloncestista Masculino do Ano da Southeastern Conference en 1976.

Profesional editar

Foi elixido na sétima posición do Draft da NBA de 1977 por New Jersey Nets, e non tardou en demostrar a súa valía, xa que ese mesmo ano fixo unha media de 24,2 puntos e 9,5 rebotes, o que lle valeu ser elixido no mellor quinteto de rookies do ano.

O 31 de xaneiro de 1984, xogando xa cos New York Knicks, fixo historia ao converterse no primeiro xogador desde 1964 en anotar en dous partidos consecutivos 50 ou máis puntos. Na tempada seguinte, o Día de Nadal de 1984, anotou 60 puntos ante os New Jersey Nets, sendo o décimo xogador na historia que conseguía esa cifra de puntos nun partido. Esa mesma tempada acabaría como máximo anotador da NBA, tras facer unha media de 32,9 puntos por partido. Ao finalizar a temporada 1992−93, King anunciou a súa retirada das pistas con 36 anos de idade, sendo nese momento o 16º máximo anotador da historia da NBA.

Notas editar

  1. "Hall of Famers: Bernard King". Basketball Hall of Fame (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2015. Consultado o 4 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar