Bergara (en castelán Vergara) é un concello da provincia de Guipúscoa, País Vasco, pertencente á comarca de Debagoiena. Conta cunha poboación de 14.853 habitantes (2006).[1] A extensión do termo municipal é de 75,97 km², cunha densidade de poboación de 195,52 hab./km². A súa altitude é de 110 msnm.

Modelo:Xeografía políticaBergara
Vergara (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Alcumemokoluak e sagarerriak Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 43°07′03″N 2°24′48″O / 43.1175, -2.4133Coordenadas: 43°07′03″N 2°24′48″O / 43.1175, -2.4133
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcasDebagoiena Editar o valor em Wikidata
CapitalBergara (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación14.487 (2023) Editar o valor em Wikidata (190,69 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (lingua predominante)
lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie75,97 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude110 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1268 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónRoque de Montpellier Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20570/20578/20579/20580 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE20074 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbergara.eus Editar o valor em Wikidata
Vista de Bergara.

Historia e características editar

Bergara considerouse historicamente como a capital de Debagoiena. A súa situación no cruzamento de camiños entre a vía de comunicación da costa cantábrica coa meseta castelá, pola que se exportaba a la, e as rotas que se internaban en Guipúscoa, por Oñati, Elgeta e Zumarraga, e en Biscaia, por Elorrio, favoreceu o seu crecemento e a súa riqueza económica. Coa irrupción da industria a finais do século XIX e principios do XX, Bergara converteuse nun importante centro fabril centrado nas industrias téxtil e metalúrxica. A produción téxtil chegou a ser tan importante e característica que ao azul mahón se lle chamou "azul bergara".

Nos libros escolares de Historia de España, o nome da vila aparece na expresión o abrazo de Bergara. No século XIX Bergara aparece nas turbulencias das dúas primeiras Guerras Carlistas, onde se chegou a loitar nas súas rúas. O 31 de agosto de 1839 asínase en Bergara o tratado de paz que poría fin á Primeira Guerra Carlista no norte. O tratado foi asinado polos xenerais Rafael Maroto e Baldomero Espartero, os cales se abrazaron, polo que dito feito coñécese como o abrazo de Bergara. O lugar, que se chamaba Aseurrunz-bide azpiko soluase, pasou a denominarse Campo del Abrazo ou Campo del Convenio.

Notas editar

  1. http://www.ine.es/inebase/cgi/axi Arquivado 28 de setembro de 2008 en Wayback Machine. Cifras de poboación referidas ao 01/01/2006. Real Decreto 1627/2006, de 29 de dicembro.