Benxamín de Tudela

viaxeiro e escritor xudeu navarro

Benxamín de Tudela (hebreo: בִּנְיָמִין מִטּוּדֶלָה בִּנְיָמִין מִטּוּדֶלָה, pronunciado /binjaˈmin miˈtudela/), nado en Tudela, Navarra, en 1130, e finado en 1173, foi un viaxeiro e escritor navarro, habitualmente chamado "rabino" polos cronistas non xudeus[1] e coñecido polas crónicas das súas viaxes. Coñecedor de diversas linguas (entre elas o hebreo, o arameo, o grego, o latín e o árabe) e de carácter aventureiro, emprendeu unha viaxe de arredor de catorce anos e compilou as súas vivencias nun libro titulado Séfer Maasaot ("Libro de viaxes").[2]

Infotaula de personaBenxamín de Tudela
Biografía
Nacemento1130 Editar o valor em Wikidata
Tudela (Reino de Navarra) Editar o valor em Wikidata
Morte1173 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Reino de Castela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Navarra Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLibro de viaxes Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , rabino , historiador , viaxeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea, árabe e Navarrese Romance (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

Coñécese pouco da súa vida, xa que a única fonte da que se dispón é o seu Libro de Viaxes. Aínda que é frecuente que os escritores non xudeus o titulen como rabino, non existen hoxe probas concluíntes de que o fose. O que si que consta é que era fillo dun rabino chamado Xonás.

Poderíase fixar o inicio das súas viaxes entre 1159 e 1167 (cando reinaba en Navarra Sancho VI "o Sabio"), e o seu regreso entre 1172 e 1173 (ano 4933 do calendario hebreo). Segundo isto, as súas viaxes tiveron unha duración mínima de cinco anos e máxima de catorce. Esta última hipótese semella a máis probable, dado que a súa etapa derradeira -desde que marchou de Exipto ata que volveu á Península Ibérica- durou polo menos un ano.

Tampouco se coñece con certeza a finalidade desas viaxes, aínda que no seu libro consta en máis dunha ocasión que amosou moito interese polo comercio do coral, polo que algúns estudosos consideran que puido ter sido comerciante en pedras preciosas. Na súa viaxe tomou contacto coas comunidades xudías que ía atopando.

En total, visitou cento noventa cidades de Europa e Oriente, e as súas anotacións convertéronse nunha das primeiras fontes da demografía xudía. O seu interese centrouse nos xudeus e a súa situación, describindo personalidades, centros de estudos, a poboación, os modos de vida, as dificultades e os éxitos. Tamén fala na súa obra dos grandes acontecementos políticos e históricos da súa época.

Libro de Viaxes (Séfer Masaot) editar

 
Mapa da ruta seguida por Benxamín de Tudela na súa viaxe.

O seu Libro de Viaxes (Séfer Masaot) publicouse en hebreo en Constantinopla en 1543 e baséase nas notas e nas impresións recollidas durante o seu longo percorrido[3]. Desde Tudela, ao sur de Navarra, descendeu polo val do Ebro (Zaragoza, Tortosa, Tarragona e Barcelona) e penetrou na Provenza a través de Xirona. Embarcou en Marsella e viaxou a Xénova, Pisa, Lucca e Roma, cidade onde debeu deterse durante un tempo, tendo en conta o detallado relato que ofrece dos seus monumentos.

Logo de deixar Roma encamiñouse cara ao Sur, onde chegou a Salerno. Embarcou novamente en Otranto, pasou pola illa grega de Corfú, no mar Xónico, e por Arta. Atravesou Grecia e detívose en Constantinopla, de onde ofrece unha descrición polo miúdo, de grande importancia para o coñecemento das condicións e da situación socioeconómica dos seus habitantes naquel momento.

Cruzou o mar Exeo (illas Mitilene, Quíos, Samos e Rodas) ata Chipre. Xa en terra firme, pasou por Antioquía, Sidón e Tiro, e entrou en Palestina por Acre, naqueles momentos en mans dos cruzados. Percorreu o país e describiu en detalle a Terra Santa, deixando un documento de especial interese para o coñecemento da Palestina da época, con alusión ás diversas comunidades étnicas e relixiosas da zona, incluídas confesións minoritarias, como os drusos.

De camiño cara ao Norte, pasou por Tiberíades, Damasco, Alepo e Mosul, cun itinerario difícil de precisar. Chegou a Bagdad, cidade que describe con maior extensión que calquera outra. É probable que viaxase ao longo de Mesopotamia e Persia, aínda que nestes relatos abundan os materiais lendarios. É improbable que se aventurase a traspasar estes ámbitos xeográficos, malia esforzarse por reunir noticias sobre as comunidades xudías de lugares aos que non viaxou, como Arabia, Persia, Asia central, India ou Ceilán, e mesmo menciona a existencia da xudaría de Kai Fong, na China.[4]

Xa de volta, fai unha admirable descrición de Exipto e, en especial, da vida dos xudeus no Cairo e en Alexandría, cidade onde embarca para chegar a Sicilia. Dános unha descrición coidadosa e pintoresca de Palermo. De alí, probablemente, regresou á Península Ibérica por mar, aínda que o itinerario finaliza cunha idealizada visión da vida xudía de Alemaña e do norte de Francia, baseada talvez en relatos que chegaron ao seus oídos.

Notas editar

  1. Así o caracteriza, por exemplo, a Enciclopedia Británica
  2. Viaje-relato de Benjamín de Tudela Arquivado 10 de novembro de 2017 en Wayback Machine.. En España Ilustrada.
  3. Benjamin of Tudela. En Jewish Virtual Library.
  4. "Benjamín de Tudela".  En La Enciclopedia biográfica en línea.

Special:BookSources/9788376384771

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Anna Katarzyna Dulska. Diaspora żydowska na Bliskim Wschodzie oczami sefardyjskiego podróżnika Beniamina z Tudeli. Cracovia. Księgarnia Akademicka, 2015. [ISBN 9788376384771] [En polaco]
  • Carmoly, E. e Lelewel, L. Notice Historique sur Benjamin de Tudèle, Bruxelas, 1852. [En francés]
  • Baer, Y. Historia de los judíos en la España cristiana. 2 volumes. Madrid. Altalena, 1981. [En castelán]
  • Sáenz-Badillos, A., Targarona, J. Diccionario de autores judíos (Sefarad. Siglos X-XV). Córdoba: El Almendro, 1990. [En castelán]

Ligazóns externas editar