Benjamin Pavard
Benjamin Jacques Marcel Pavard, nado o 28 de marzo de 1996 en Maubeuge, é un futbolista francés. Xoga de defensa para o FC Bayern München da Bundesliga. Ademais, é internacional coa selección francesa.
Benjamin Pavard | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Benjamin Jacques Marcel Pavard | ||
Nacemento | 28 de marzo de 1996 (28 anos) | ||
Lugar de nacemento | Maubeuge | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Bayern München | ||
Número | 5 | ||
Carreira xuvenil | |||
2002–2005 | US Jeumont | ||
2005–2015 | Lille | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2016 | Lille B | 20 | (1) |
2015–2016 | Lille | 21 | (0) |
2016–2019 | Stuttgart | 84 | (2) |
2019– | Bayern München | 16 | (3) |
Selección nacional | |||
2015 | Francia sub-19 | 4 | (0) |
2015–2017 | Francia sub-21 | 15 | (0) |
2017– | Francia | 27 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de decembro de 2019. Selección: actualizado a 18 de novembro de 2019.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Pavard chegou ás categorías inferiores do Lille OSC con tan só nove anos.[1] Debutou na Ligue 1 co primeiro equipo do Lille o 31 de xaneiro de 2015, no empate a un contra o FC Nantes.[2]
O 30 de agosto de 2016, Pavard fichou polo VfB Stuttgart da 2. Bundesliga, asinando co equipo alemán un contrato por catro anos.[3] Na súa primeira tempada xogou 21 partidos e axudou ó Stuttgart a gañar a liga e ascender á Bundesliga.[4] Debutou na Bundesliga o 19 de agosto de 2017, na derrota do Stuttgart por 2-0 contra o Hertha BSC.[5]
O 9 de xaneiro de 2019, o FC Bayern München fixo oficial a fichaxe de Pavard para a tempada 2019-20, asinando un contrato co club alemán ata xuño de 2024.[6]
Notas editar
- ↑ "Benjamin Pavard: 10 things on VfB Stuttgart's French World Cup winner". Bundesliga. Consultado o 9 de agosto de 2018.
- ↑ "Nantes vs. Lille – 31 January 2015 – Soccerway". soccerway.com. Consultado o 15 de marzo de 2015.
- ↑ "VfB sign Benjamin Pavard". VfB Stuttgart. 30 de agosto de 2016. Consultado o 30 de agosto de 2016.
- ↑ "Stuttgart wins German 2nd division to return to Bundesliga". ABS-CBN Sports. 22 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 1 de xullo de 2018.
- ↑ "Leckie double helps Hertha beat Stuttgart". Bundesliga. 19 de agosto de 2017. Consultado o 1 July 2018.
- ↑ "FC Bayern sign world champion Benjamin Pavard". FCBayern.com (FC Bayern München). 9 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil na Federación FrancesaArquivado 26 de marzo de 2019 en Wayback Machine. (en francés)
- Perfil en UEFA.com Arquivado 08 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)