Benjamin Guggenheim

Benjamin Guggenheim, nado en Filadelfia (no estado de Pensilvania) o 25 de outubro de 1865 e finado o 15 de abril de 1912 no océano Atlántico no afundimento do RMS Titanic, foi un empresario estadounidense, o quinto dos sete fillos do magnate adicado á minaría e metalurxia Meyer Guggenheim.

Benjamin Guggenheim
Nacemento26 de outubro de 1865
Lugar de nacementoFiladelfia
Falecemento15 de abril de 1912
Lugar de falecementoOceano Atlântico Norte
Causaafogamento
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterPeirce College
Ocupaciónemprendedor
PaiMeyer Guggenheim
CónxuxeFloretta Seligman
FillosPeggy Guggenheim
IrmánsWilliam B. Guggenheim, Isaac Guggenheim, Murray Guggenheim, Solomon Robert Guggenheim, Simon Guggenheim e Daniel Guggenheim
Na rede
IMDB: nm11840200 WikiTree: Guggenheim-10 Find a Grave: 9588454 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carreira empresarial editar

Aínda que Benjamin Guggenheim herdara unha considerable fortuna do seu pai, non tiña habilidade para os negocios, polo que a súa herdanza diminuíu considerablemente debido a un gran número de desastrosos investimentos.

Casou con Floretta Seligman, filla de James Seligman, un socio principal na firma J & W Seligman, e de Rosa Seligman, con quen tivo tres fillas unha delas, a mecenas Peggy Guggenheim. Porén, tiña unha coñecida fama de mullereiro, vivía habitualmente no seu apartamento de París lonxe da súa dona e as súas fillas, aparentemente por mor dos seus negocios, pero na realidade vivía con algunha das súas amantes.

RMS Titanic editar

Cando o mércores 10 de abril de 1912 embarcou no RMS Titanic en Cherbourg (Francia), acompañábao a súa amante a cantante francesa Léontine Aubart, así como un gran número de criados, un chofer, unha doncela, un mozo e o seu mordomo e home de confianza Giglio, con quen posteriormente finaría.

Guggenheim e Giglio estaban durmindo cando o Titanic chocou contra o iceberg. Ningún deles lle deu importancia e non se molestaron en erguerse da cama. O tripulante encargado do seu camarote tratou de que o mordomo espertase o seu señor non consintíndoo este, posto que "só era un iceberg entre moitísimos icebergs". Máis tarde, vindo a cariz que comezaban a tomar os acontecementos, Guggenheim foi levantado e persuadido para que se vestise con roupa de abrigo e subise á cuberta do barco. Cando se despediu da súa amante e a súa criada díxolles que se verían pronto e que volverían a viaxar no "Titanic".

Ao comprobar o difícil da situación, cando Guggenheim se decatou de que o Titanic afundía sen remedio, baixou ao seu camarote e cambiou o salvavidas e o xersei por un frac. Cando regresou a cuberta anunciou que "xa que vou morrer, quero facelo como un cabaleiro". Engadindo que "ningunha muller quedará a bordo deste barco porque Benjamin Guggenheim se acovardou".

Tanto el coma os seus criados finaron e os seus corpos nunca foron recuperados.