Benito Rivadavia

avogado e comerciante galego

Benito Bernardino González de Rivadabia, nado en Monforte de Lemos o 7 de febreiro de 1747 e finado en Buenos Aires o 28 de setembro de 1816[1], foi un avogado e militar galego emigrado na Arxentina e pai do presidente da nación, primeiro xefe de estado das Provincias Unidas do Río da Prata, Bernardino Rivadavia.

Benito Rivadavia
Nacemento7 de febreiro de 1747
Lugar de nacementoMonforte de Lemos
Falecemento28 de setembro de 1816
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Alma máterMajor and Pontifical Saint Francis Xavier University of Chuquisaca
Ocupaciónmilitar
CónxuxeAna María Salvadora de Otálora y Ribero
FillosBernardino Rivadavia e Santiago Rivadavia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estuda xurisprudencia e teoloxía na Universidade de Charcas ao chegar a Arxentina, apoiado polo seu tío José de Rivadavia, para posteriormente exercer no Río da Prata como avogado en diferentes cargos públicos. O 18 de marzo de 1776 casa con María Josefa de Jesús de Rivadavia y Rivadeneyra, súa curmá, na cidade de Buenos Aires [2]

Tras exercer como xuíz de bens de defuntos, rexedor, depositario xeral, tesoureiro diocesano e asesor do gobernador interino enrolouse como alumno da Escola de Náutica, onde se diploma en 1802. Posteriormente destina parte da súa fortuna á industria navieira. Foi dono de barcos mercantes, pero os asaltos piratas do porto de Montevideo causáronlle o roubo de catro dos navíos, momento no que abandona ese empeño empresarial. A cidade patagónica de Comodoro Rivadavia debe o seu nome ás exploracións naúticas do bisneto de Benito, Martín Rivadavia. Durante as invasións inglesas de 1806 e 1807, colabora como mando militar no Tercio de Gallegos así como cos seus bens e influencias na resistencia.[3] Como monárquico e conservador vese envolto nos eventos conducintes á Revolución de Maio onde defendeu a deposición por parte do pobo do Vicerrei Sobremonte con base nas leis de partida de Afonso X o Sabio. Sostivo que o pobo podía tomar as medidas que crese conveniente para a súa defensa, en momentos nos que corría risco inminente a súa conservación.[4]

No ano 1806 popularízase no país o seu preito contra os irmáns Gabriel e José Gascón, tenentes do exército prometidos as súas fillas, cos que tras un desacordo despois do compromiso conduce a Benito Rivadavia a recluir ás fillas no domicilio familiar e posteriormente nunha casa de exercicios relixiosos sen contacto posíbel cos Gascón. O avogado galego esgrime no xuízo o dereito de patria postedade sobre as súas fillas adultas.[5]

Notas editar

  1. "Benito Rivadavia"(en castelán)
  2. Cristóforis, Nadia (2009). Proa al Plata: las migraciones de gallegos y asturianos a Buenos Aires. CSIC. p. 117. 
  3. "Benito Rivadavia"(en castelán)
  4. "Benito Rivadavia" Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.(en castelán)
  5. Otálora, Mariano (2017). Los próceres y el dinero. Sudamericana. p. 299.