O Bell 47 é un helicóptero lixeiro dun motor e un rotor fabricado por Bell Helicopter. Estaba baseado no terceiro prototipo do Bell 30, que era o primeiro helicóptero da compañía deseñado por Arthur M. Young. O 47 converteuse no primeiro helicóptero certificado para o uso civil o 8 de marzo de 1946.[1][2] Fabricáronse máis de 5 600 Bell 47, incluídos os producidos baixo licenza por Agusta en Italia, Kawasaki Heavy Industries no Xapón, e Westland Aircraft no Reino Unido. O Bell 47J Ranger é unha versión modificada cunha cabina e unha fuselaxe totalmente pechadas.

Bell 47
Tipohelicóptero lixeiro multipropósito
FabricanteBell Aircraft, Bell Helicopter
Deseñado porArthur M. Young
Primeiro voo8 de decembro de 1945
Introducido1946
Produción1946-1974
Unidades construídas5 600
VariantesBell H-13 Sioux
Bell 47J Ranger
Kawasaki KH-4

Deseño e desenvolvemento editar

Os primeiros modelos variaban en aparencia, con cabinas abertas ou de chapa, cubertas de tela ou estruturas abertas, e algúns deles cun tren de aterraxe de catro rodas. O posterior modelo D e os modelos da Guerra de Corea H-13D e E estableceron un estilo máis utilitario. O modelo máis común, o 47G introducido en 1953, pode ser recoñecido polo parabrisas pechado en forma de "pompa de xabón", pluma de cola de tubo soldado exposto e tren de aterraxe de patíns.

O posterior 47H de tres asentos tiña unha cabina pechada e unha pluma de cola monocasco. Foi un intento de comercializar unha versión "de luxo" do 47G básico. Fabrcáronse relativamente poucos exemplares.

Os motores eran Franklin ou Lycoming de pistón verticalmente montados de 200 a 305 CV. Os asentos variaban de dous (nos primeiros 47 e no posterior G-5A) a catro (no J e no KH-4).

En abril de 2011 había 1 068 aparellos rexistrados pola Administración Federal de Aviación nos Estados Unidos[3] e 15 no Reino Unido.

O Bell 47 foi fabricado no Xapón nunha asociación entre Bell e Kawasaki; isto levou á variante Kawasaki KH-4, unha versión de catro asentos do Model 47 cunha cabina semellante á do Bell 47J. Diferenciábase do 47J en que tiña unha pluma de cola stándar non cuberta e tanques de combustible como os da serie G. Esta versión foi vendida en Asia e algúns chegaron tamén a Australia.

En febreiro de 2010 o certificado de tipo do Bell 47 foi transferido a Scott's Helicopter Services.[4] A compañía irmá que se creou, Scott's - Bell 47, está en proceso de iniciar a produción dunha versión cun motor turboeixo do Bell 47, o 47GT-6, usando un motor Rolls-Royce RR300 con palas de materiais compostos, agardando comezar a entrgar os seus helicópteros en 2016.[5]

Notas editar

  1. "Bell". Helis. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  2. "Biography of Arthur Middleton Young" (PDF). modelaircraft.org. Archived from the original on 08 de maio de 2004. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  3. "FAA Registry - Aircraft - Make / Model Inquiry". registry.faa.gov. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2018-11-16. 
  4. "Certificate transfer boosts support of Model 47 - RH - Rotorhub - Shephard Media". www.shephardmedia.com (en inglés). Consultado o 2018-11-16. 
  5. "HELI-EXPO: 1950s-era Bell Model 47 helicopter to return to production". Flightglobal.com (en inglés). 2013-03-06. Consultado o 2018-11-16.