Belesar, Baiona

parroquia civil do concello de Baiona

San Lourenzo de Belesar é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa, e pertence ao arciprestado de Miñor. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 1185 veciños (581 homes e 604 mulleres), repartidos en 4 entidades de poboación: A Estibada (93), A Granxa (168), Medialdea (489) e Urgal (435).[2]

Belesar
Igrexa de San Lourenzo.
ConcelloBaiona[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°05′33″N 8°49′33″O / 42.09252194, -8.82596197Coordenadas: 42°05′33″N 8°49′33″O / 42.09252194, -8.82596197
Poboación1185 hab. (2013)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Xentilicio editar

O seu xentilicio, de orixe castelanizante, é belesareño[3].

Patrimonio editar

Entre os seus monumentos destaca o miradoiro do Cortelliño, na serra da Groba, desde o que se ven as Rías Baixas.

O contorno desta serra está cheo de camiños empedrados e sendeiros rurais. Ademais consérvanse varios núcleos de petróglifos datados na Idade de Bronce.

Está atravesado polo río da Groba.

A festa da parroquia é o 10 de agosto, na honra de San Lourenzo.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Belesar editar

Lugares da parroquia de Belesar no concello de Baiona (Pontevedra)

A Estibada | A Granxa | Medialdea | Urgal

Parroquias de Baiona editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Notas

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Notas editar