Begoña Errazti

política española

Begoña Errazti Esnal, nada o 22 de agosto de 1957 en Barakaldo (Biscaia, País Vasco) é unha política vasca residente en Navarra.

Begoña Errazti Esnal
Begoña Errazti

3ª. Presidente de Eusko Alkartasuna
1999 – 2007
Precedido por Carlos Garaikoetxea
Sucedido por Unai Ziarreta

Datos persoais
Nacemento 22 de agosto de 1957 (66 anos) Barakaldo (Biscaia, País Vasco)
Partido Eusko Alkartasuna
Pais España
Profesión Historiadora

Biografía editar

Traxectoria profesional editar

Begoña Errazti é licenciada en Xeografía e Historia Contemporánea. Cursou tamén un máster en xestión empresarial.

Foi directora da Escola-Taller Río Arga, proxecto europeo para a formación de mozas no tratamento de ríos e ribeiras, con varias especialidades; profesora en ensinos medios de historia e éuscaro; e profesora de éuscaro en cursos da Universidade de Deusto e outros. Tamén foi xerente da federación de ikastolas navarras.

Traxectoria política editar

Errazti caracterízase, segundo os seus simpatizantes, pola súa defensa dos dereitos do éuscaro combinando as súas ideas independentistas e progresistas.

Durante as lexislaturas 1995-1999 e 1999-2003 foi a portavoz do grupo parlamentario de Eusko Alkartasuna (EA) no Parlamento de Navarra. Tras as eleccións forais de 2003, a pesar de ser a cabeza de lista cedeu a portavocía ao seu compañeiro de partido e actual presidente de EA en Navarra, Maiorga Ramírez.

Formou parte da executiva nacional de EA desde 1995 até 2007 ocupando desde 1999 a presidencia do partido.[1]

Tras o achegamento de EA á esquerda abertzale e a súa inclusión na coalición Euskal Herria Bildu, deixou a súa militancia en EA para achegarse ao Partido Nacionalista Vasco, asistindo a actos públicos do mesmo en apoio á candidatura a lehendakari de Iñigo Urkullu.[2]

Notas editar

  1. Mikel Ormazabal.
  2. Juanma Velasco.