Beastie Boys

grupo musical de hip hop dos Estados Unidos de América

Beastie Boys foi un grupo musical de hip hop de Nova York fundado en 1978.[1] A banda estaba composta por Michael "Mike D" Diamond (voces, batería), Adam "MCA" Yauch (voces, baixo), e Adam "Ad-Rock" Horovitz (voces, guitarra, programación). Beastie Boys formouse a partir da banda de hardcore punk experimental The Young Aborigines, fundada ee 1978 e que tiña a Diamond como vocalista, a Jeremy Shatan no baixo, a John Berry na guitarra, e a Kate Schellenbach na batería. Cando Shatan marchou en 1981, Yauch substituíuno no baixo e a banda cambiou o seu nome polo de Beastie Boys. Berry marchou pouco despois e foi substituído por Horovitz.

Beastie Boys
No Sonar '07 de Barcelona
OrixeNova York, Estados Unidos
Período1979 - 2012
Xénero(s)hip hop, breakbeat, rap, hardcore punk, funk, jazz
Selo(s) discográfico(s)Def Jam, Capitol Records
MembrosMike D
Ad-Rock
MCA
Mixmaster Mike
Na rede
www.beastieboys.com
IMDB: nm1561997 Facebook: beastieboys Twitter: beastieboys MySpace: beastieboys Souncloud: beastieboys Spotify: 03r4iKL2g2442PT9n2UKsx iTunes: 1971863 Last fm: Beastie+Boys Musicbrainz: 9beb62b2-88db-4cea-801e-162cd344ee53 Songkick: 448835 Discogs: 10783 Allmusic: mn0000038469 Deezer: 194746 Genius: Beastie-boys Editar o valor em Wikidata

Comezaron tocando hardcore punk nos primeiros discos, pero máis tarde comezaron a experimentar como pioneiros do hip hop e o rap, converténdose en referencia fundamental dos mesmos. Tamén editaron discos baseados no funk e o jazz, e non é raro que nos seus discos de hip hop inclúan algún momento de rock ou punk ou algún corte acústico. Tamén son coñecidas as actividades de Turntablism e de produción musical dos seus membros.

Beastie significa Boys Entering Anarchistic States Towards Internal Excellence, segundo Mike D.

Membros editar

O grupo estaba composto por Adam Yauch (MCA, finado o 4 de maio de 2012), Mike Diamond (Mike D) e Adam Horovitz (Adrock), aínda que outros músicos formaron parte do grupo: Kate Schellenbach (batería) e John Berry (guitarra) formaran parte antes ó gravar o primeiro disco, o hardcore punk Pollywog Stew no selo independente punk Ratcag Records en 1981.

Traxectoria editar

En 1983, e despois de visitar clubs da Gran Mazá onde se expuña o embrionario estilo hip hop, amosan os primeiros contactos co estilo no seu EP Cooky Puss. Un dos temas dese disco, o semi-dub Beastie Revolution, significoulles un golpe de sorte inesperado ó gañar unha demanda á British Airways por usar a canción sen permiso para un anuncio, o que lles reportou 40 000 dólares por parte da compañía.

O seu primeiro LP 100 % Rap foi producido polo lendario Rick Rubin. Este foi o mítico Licensed To Ill de 1986 (Def Jam Records), que chegou a ser o primeiro disco de rap en gañar multiplatino, debido en gran parte á enorme popularidade dos seus temas Fight For Your Right (To Party), Don't Sleep Till Brooklyn (coa colaboración do guitarra do grupo thrash metal Slayer, Kerry King), e o máis electro Brass Monkey. O disco significou unha revelación de malas actitudes adolescentes esparcidas pola letra e o videoclip de Fight For Your Right (número 11 no Reino Unido), e un manifesto de usar samples de todo tipo, desde Led Zeppelin ó tema do programa televisivo Mr.Ed. O paradpxal é que se ben gañaron unha demanda por expropiación ilícita dun dos seus temas á compañía aérea británica, eles mesmos serían unha das primeiras vítimas no mundo do hip hop en ser demandados polos artistas que samplearon (no seu caso foron demandados polo músico funk Jimmy Castor polo uso sen permiso do tema Return Of Leroy na canción Hold it Now, Hit It!).

O tremendo éxito do seu debut rapeiro derivou en xiras exitosas pero moi polémicas, que incluían strippers danzando engaioladas, ou a MCA lanzando chorros de cervexa, mentres o logo da Volkswagen colgando como colar de Mike-D motivou unha "onda de delincuencia xuvenil" de chicos atacando automóbiles da compañía alemá por toda Inglaterra. Nese tempo tiveron como DJ a un membro de Original Concept, e parte do stuff de Run-DMC a Wendell Fite, coñecido como DJ Hurricane.
Malia a mala fama que se estaban gañando, que lles serviu para alimentar o seu status de "Rock stars", os Beasties tiveron serias discusións co selo Def Jam e especialmente con Russell Simmons por "contratos impagos" e mala xestión de dereitos, o que os levou a comezos de 1988 a retirarse da compañía discográfica que albergaba tamén a estrelas do cada vez máis popular mundo hip hop como LL Cool J, Public Enemy ou Slick Rick cos que compartiran escenarios dos Estados Unidos, Europa e o Xapón no "Def Jam Tour" de 1987.

 

A emigración de selo (a Capitol Records) e de lugar (de Nova York a Os Ánxeles) máis o novo son hip hop emerxente deron os seus froitos no álbum Paul's Boutique, lanzado en 1989. O disco aínda está sinalado como unha das máis complexas obras da era do sampling, con fortes influencias do funk e a psicodelia. Distintas tamén eran as letras, que reflectían unha fixación ecléctica de temas onde simbolizaban a súa visión da vida na rúa: da novela A Clockwork Orange de Anthony Burguess, ós "Tres Hebreos" do Antigo Testamento. A produción deste disco estivo a cargo de The Dust Brothers, que por entón xa eran un apreciado equipo de produción para outras estrelas como Tone Loc ou Young MC.

Terminado o estudio propio chamado "The G-son", o disco de 1992 Check Your Head significou o retorno parcial das súas raíces hardcore punk, sampleando menos e volcándose a un formato de guitarra, batería e baixo. Inclúe tamén mesas de mesturas a cargo de DJ Hurricane, e un sabor "retro" dos teclados de Mark "Nishita" Ramos, e a colaboración na produción de Mario Caldato Jr., un enxeñeiro que coñeceran na época do Paul´s Boutique. So Whatcha Want é o sinxelo máis destacado deste álbum de son máis cru.

En 1994 sae ó mercado o máis exitoso álbum a nivel mundial da banda, Ill Communication, que contou coa participación doutros artistas como Biz Markie (que xa aparecera en Check Your Head), Q-Tip de A Tribe Called Quest, Eric Bobo (percusión, fillo do salseiro Willy Bobo e membro tamén de Cypress Hill), Amery Smith (AWOL, batería) e de novo a coprodución de Caldato. Destacaron deste disco os temas Sure Shot, Root Down, Get It Toghether (xunto a Q-Tip), o místico Shambala e os instrumentais Ricky's Theme e Sabrosa.

O vídeo dirixido por Spike Jonze para a canción hardcore Sabotage o que impactou como homenaxe ás series policiais setenteiras como "Starsky & Hutch", e que conseguiu un premio MTV como Mellor Vídeo de 1994.

Michael Schwartz (Mixmaster Mike) dos "Invisible Scratch Picklz" foi o DJ no esperado disco Hello Nasty de 1998. Saíron de xira con grupos como Run-DMC, Public Enemy, LL Cool J, A Tribe Called Quest, House of Pain, Cypress Hill, Beck Hansen, Bjork e outros grandes do hip hop e o Rock Alternativo.

Discografía editar

Ano Título Compañía Estilos que inclúe

Cancións

1986 Licensed to Ill Def Jam Hip Hop, Rap, Rock

1. Rhymin & Stealin

2. The New Style

3. She's Crafty

4. Posse In Effect

5. Slow Ride

6. Girls

7. Fight For Your Right

8. No Sleep Till Brooklyn

9. Paul Revere

10. Hold It Now, Hit It

11. Brass Monkey

12. Slow And Low

13. Time To Get Ill

1989 Paul's Boutique Capitol Records Hip Hop, Rap, Funk, Breakbeat

1. To All The Girls

2. Shake Your Rump

3. Johnny Ryall

4. Egg Man

5. High Plains Drifter

6. The Sound Of Science

7. 3-Minute Rule

8. Hey Ladies

9. 5-Piece Chicken Dinner

10. Looking Down The Barrel Of A Gun

11. Car Thief

12. What Comes Around

13. Shadrach

14. Ask For Janice

15. B-Boy Bouillabaisse

1992 Check Your Head Capitol Records Hip Hop, Rap, breakbeat, Rock, Punk

1. Jimmy James

2. Funky Boss

3. Pass The Mic

4. Gratitude

5. Lighten Up

6. Finger Lickin' Good

7. So What'cha Want

8. The Biz Vs The Nuge

9. Time For Livin'

10. Something's Got To Give

11. The Blue Nun

12. Stand Together

13. Pow

14. The Maestro

15. Groove Holmes

16. Live At P.J.'s

17. Mark On The Bus

18. Professor Booty

19. In 3's

20. Namaste

1994 Ill Communication Capitol Records Hip Hop, Rap

1. Sure Shot

2. Tough Guy

3. B-Boys Makin` With The Freak Freak

4. Bobo On The Corner

5. Root Down

6. Sabotage

7. Get It Together

8. Sabrosa

9. The Update

10. Futterman`s Rule

11. Alright Hear This

12. Eugenes`s Lament

13. Flute Loop

14. Do It

15. Ricki`s Theme

16. Heart Attack Man

17. The Scoop

18. Shambala

19. Bodhisattva Vow

20. Transitions

1994 HipHop Sampler Capitol Records
1994 Some Old Bullshit Capitol Records Punk, Hardcore punk

1. Egg Raid On Mojo

2. Beastie Boys

3. Transit Cop

4. Jimi

5. Holy Snappers

6. Riot Fight

7. Ode To...

8. Michelle's Farm

9. Egg Raid On Mojo

10. Transit Cop

11. Cooky Puss

12. Bonus Batter

13. Beastie Revolution

14. Cooky Puss (Censored Version)

1995 Aglio e Olio Grand Royal
1996 The In Sound From Way Out! Capitol Records Funk, Jazz
1998 Hello Nasty Capitol Records Hip Hop, Rap, Breakbeat

1. Super Disco Breakin'

2. The Move

3. Remote Control

4. Song For The Man

5. Just A Test

6. Body Movin'

7. Intergalactic

8. Sneakin' Out The Hospital

9. Putting Shame In Your Game

10. Flowin' Prose

11. And Me

12. Three MC's And One DJ

13. The Grasshopper Unit (Keep Movin')

14. Song For Junior

15. I Don't Know

16. The Negotiation Limerick File

17. Electrify

18. Picture This

19. Unite

20. Dedication

21. Dr. Lee Ph.D - (with Money Mark)

22. Instant Death

1999 The Sounds of Science Capitol Records
2004 To The 5 Boroughs Capitol Records Hip Hop, Rap, Breakbeat

1. Ch-Check it Out

2. Right Right Now Now

3. 3 the Hard Way

4. It Takes Time to Build

5. Rhyme the Rhyme Well

6. Triple Trouble

7. Hey Fuck You

8. Oh Word?

9. That's it That's All

10. All Lifestyles

11. Shazam!

12. An Open Letter to NYC

13. Crawlspace

14. The Brouhaha

15. We Got the

16. Now Get Busy (Bonus)

2007 The Mix-Up Capitol Records Post-Punk

1. B for My Name

2. 14th St. Break

3. Suco de Tangerina

4. The Gala Event

5. Electric Worm

6. Freaky Hijiki

7. Off the Grid

8. The Rat Cage

9. The Melee

10. Dramastically Different

11. The Cousin of Death

12. The Kangaroo Rat

Fonte: "The Virgin Encyclopedia of Dance Music" páxinas 29 e 30 (1998 Virgin Books).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  1. "Beastie Boys Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-02-20.