Beade, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo

Santo Estevo de Beade é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Castrelos, Matamá, Sárdoma, Valadares e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 8 entidades de poboación, 12 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.252 habitantes (2.544 homes e 2.708 mulleres).

Beade
Igrexa parroquial de Santo Estevo.
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°14′10″N 8°43′36″O / 42.236111111111, -8.7266666666667Coordenadas: 42°14′10″N 8°43′36″O / 42.236111111111, -8.7266666666667
Poboación5.252 hab. (2022)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

As súas entidades de poboación son as seguintes: Babio (1210), Balde (355), O Carballo do Pazo (652), A Coutada (671), A Gándara (508), A Pena (368), O Porto (444) e Saa (1293). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Balde, As Barallas, O Coto, Dornelas, O Facho, Figueirós, Lombeiro, A Pouleira, As Presas, Quintián, Seixo e A Venda.

Toponimia editar

Beade é un topónimo de posesor medieval. Provén de Beati, xenitivo do antropónimo latino Beatus (Beato 'feliz'). O primeiro testemuño en que rexistramos o nome do concello é un documento de delimitación dos territorios pertencentes ao bispo e ao cabido de Tui datado a mediados do século XII. O documento di así: «in terra de Fragoso ecclesie Sancte Andree de Comesania medietas, Sancti Stephani de Biadi tres partes cum cauto suo, Sancti Iacobi de Benevivere integra cum cauto suo; Sancti Iacobi de Vigo integra cum cauto suo, Sancti Saluatoris de Teix integra cum ipsius regalengo» (1156). A fins do século XII o monarca Fernando II confírmalle ao bispo de Tui Bertrando ou Beltrán a súa posesión dos coutos de Beade e Bembrive: «cautos vestros de Benevivere et de Biady in terra de Fragoso» (1179). Na documentación medieval atopamos as formas: Biade, Biadi, Biady, Viade, Veade.[3]

Xeografía editar

Sitúase no centro do Concello, e, pola súa altura, ofrece unha vista panorámica da cidade e da ría.

Historia editar

O primeiro párroco de Beade de nome coñecido é un tal Xoán apelidado Pais, Páez ou Paz (do latín Pelagius 'Paio') e alcumado Corvacho que asina nun documento do mosteiro de Santa María de Oia no ano 1266: «Johannis Pelagii dictus Corvacho clericus de Biade». A pertenza de Beade á xurisdición de Bouzas durou ata o ano 1833, formando parte no concello de Lavadores ata 1941, en que Lavadores foi anexionado a Vigo.[3]

Economía editar

O máis destacable da parroquia é a súa excelente produción de cereixas (principalmente da denominada "de pico" ou "picuda"). No primeiro domingo de xuño (dende 1986) celébrase a Festa-Concurso da Cereixa.[4]

 
Hospital Álvaro Cunqueiro.

Patrimonio editar

A igrexa actual foi construída a finais do século XVII. No seu adro atópase un cruceiro, de orixe descoñecida, que foi emprazado na súa localización actual en 1854.

Música editar

A Banda-Escola de Música de Beade foi fundada a finais do século XX, e conta cun amplo currículo de premios e recoñecementos en certames nacionais e internacionais.

Dende o ano 2011 celébrase no mes de xullo no Parque Forestal o Festival OuBeade, con grupos de música da comarca e de comunidades veciñas como Portugal, sendo un dos festivais gratuítos de maior duración das Rías Baixas.

Festas editar

O 26 de xullo celébrase a festa en honor a Santa Ana.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Beade editar

Lugares da parroquia de Beade no concello de Vigo (Pontevedra)

Abalde | Babío | As Barallas | O Carballo do Pazo | O Coto | As Coutadas | Dornelas | O Facho | Figueirós | A Gándara | Lambeiro | A Pena | O Porto | A Pouleira | As Presas | Quintián | Saa | O Seixo | A Venda

Parroquias de Vigo editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar