Bath é unha cidade do suroeste de Inglaterra, no condado de Somerset, coñecida polos seus balnearios termais alimentados por tres mananciais. Os primeiros documentos históricos en relación coa cidade, datan de época romana e fan referencia aos seus mananciais. O primeiro templo levantado no manancial das augas termais construírono os celtas. A súa auga considérase curativa para moitas enfermidades. Dende a época isabelina ata a época xeorxiana, foi un complexo termal para os ricos. Por este motivo, a cidade posúe numerosos exemplos de arquitectura xeorxiana, co significativo Royal Crescent. En 2011, a poboación era de 88.859.[1] Bath atópase no val do Río Avon, 156 km. ao oeste de Londres e 18 km ao sueste de Brístol. A cidade converteuse en Patrimonio da Humanidade en 1987.

Modelo:Xeografía políticaBath
Imaxe

Localización
Mapa
 51°22′53″N 2°21′31″O / 51.38139, -2.35861Coordenadas: 51°22′53″N 2°21′31″O / 51.38139, -2.35861
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSuroeste de Inglaterra
Condado cerimonialSomerset
ÁreaBath and North East Somerset (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación94.092 (2021) Editar o valor em Wikidata (3.244,55 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie29 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude132 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación43 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalBA1 e BA2 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01225 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Manly (pt) Traducir
Beppu
Braunschweig (1971–)
Aix-en-Provence (1972–)
Kaposvár (1989–)
Alkmaar (1990–)
Oleksandriïa (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
TipoPatrimonio cultural
Data2021 (44ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iv) Editar o valor em Wikidata
Identificador428
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iv) Editar o valor em Wikidata
Identificador428

Páxina webmayorofbath.co.uk Editar o valor em Wikidata
Cidade de Bath
Vista aérea de Bath
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísReino Unido Reino Unido
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición1987 (11ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador428

Historia editar

A cidade converteuse nun balneario co nome latino Aquae Sulis ("as augas de Sulis") c. do ano 60 cando os romanos construíron baños romanos e un templo no val do río Avon, aínda que xa se coñecían as súas fontes termais antes daquela. Segundo o eclesiástico vitoriano Edward Churton, durante a época anglosaxoa Bath coñecíase como Acemannesceastre ('Akemanchester'), ou "cidade dos homes doentes", por mor da reputación que estas fontes tiñan para a curación dos enfermos.[2]

A Abadía de Bath fundada no século VII converteuse nun centro relixioso; o edificio reconstruíuse nos séculos XII e XVI. No século XVII, as propiedades curativas das augas procedían das fontes e Bath tornouse popular como cidade balneario na era xeorxiana. A arquitectura xeorxiana, construíuse con pedra de Bath, inclúe o Royal Crescent, Circus, Pump Room e Assembly Rooms onde Beau Nash presidiu a vida social da cidade desde 1705 ata a súa morte en 1761. Moitas das rúas e prazas foron deseñadas por John Wood, o Vellor, no século XVIII a cidade púxose de moda e a poboación medrou. Jane Austen viviu en Bath a principios do século XIX. Outros edificios construíronse no século XIX e logo da Batalla de Bath na segunda guerra mundial.

A cidade ten industrias de software, editoriais e de servizos. Teatros, museos e outros lugares culturais e deportivos axudaron a converterse nun importante centro de turismo, con máis dun millón de visitantes que pernoctan e 3,8 millóns de visitantes transeuntes cada ano.

Existen varios museos, incluíndo o Museo da Arquitectura de Bath, a Galería de Arte Victoria, o Museo de Arte de Asia Oriental, o [[Museo de Astronomía Herschel] e o Museo Holburne. A cidade posúe dúas universidades: a Universidade de Bath e a Bath Spa University, co Bath College, que proporciona educación adicional. Os clubs deportivos inclúen o Bath Rugby e o Bath City F.C. mentres que TeamBath é o nome xeral de todos os equipos deportivos da Universidade de Bath.

Bath pasou a ser parte do condado de Avon en 1974 e, despois da desaparición de Avon en 1996, é o centro principal de Bath e nordés de Somerset.

 

Unha vista panorámica do Royal Crescent


Notas editar

  1. "Bath". BANES 2011 Census Ward Profiles. Consultado o 2 de maio de 2015. (poboación combinada dos 16 barrios que compoñen a área parroquial.)
  2. Churton, Edward (1841). The Early English Church (2nd ed.). Londres: James Burns. p. 102. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar