Bates Motel (serie de televisión)

serie de televisión estadounidense

Bates Motel é unha serie de televisión de terror psicolóxico dramático estadounidense, emitida dende o 18 de marzo de 2013 até o 24 de abril de 2017.[1][2][3] Foi desenvolvido por Carlton Cuse, Kerry Ehrin, e Anthony Cipriano, e producido por Universal Television e American Genre para a canle por cable A&E.[4]

Bates Motel
FormatoDrama, terror e misterio
Creado por
Desenvolvido por
  • American Genre
  • Carlton Cuse Productions (2013–2015)
  • Cuse Productions (2016–2017)
  • Kerry Ehrin Productions
  • Universal Television
Intérpretes
Tema de aperturaChris Bacon
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas5
Episodios50 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Vancouver, Columbia Británica
Duración40–47 minutos
Distribuidor
Emisión orixinal
Canle de orixeA&E
Formato de imaxe1080i (16:9 HDTV)
Primeiro episodio18 de marzo de 2013
Derradeiro episodio24 de abril de 2017
Na rede
http://www.batesmotel.com/
IMDB: tt2188671 Allocine: 10846 Rottentomatoes: tv/bates_motel Metacritic: tv/bates-motel TV.com: shows/bates-motel
Facebook: BatesMotelAETV Twitter: bateschloe Instagram: insidebates Netlix: 70272479Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie é unha precuela contemporánea do filme de 1960 de Alfred Hitchcock Psicose (baseado na novela do mesmo nome de Robert Bloch), e representa a vida de Norman Bates (Freddie Highmore) e a súa nai Norma (Vera Farmiga) antes dos acontecementos retratados no filme, aínda que nunha cidade ficticia diferente (White Pine Bay, Oregón, en contraposición á película, que se desenvolvía en Fairvale, California) e nunha contorna moderna.[5][6] Max Thieriot e Olivia Cooke foron protagonistas do elenco principal ao longo da duración da serie. Despois de aparecer fortemente na primeira tempada, Nestor Carbonell sumouse ó elenco principal a partir da segunda tempada.

A serie comeza en Arizona coa morte do marido de Norma, despois do cal merca o motel Seafairer situado nunha cidade costeira de Oregón para que ela e Norman poidan comezar unha nova vida.[4][7][8] As tempadas posteriores seguen a Norman mostrando como a súa enfermidade mental se vóolve perigosa, mentres que Norma loita para protexelo dos que lle rodean, e de si mesmo. Os argumentos de Bates Motel ignoran a liña de tempo das secuelas do filme orixinal e dan versións alternativas de moitos dos personaxes e eventos do filme orixinal. A serie foi filmada fóra de Vancouver en Aldergrove, na Columbia Británica, xunto con outros lugares dentro do Fraser Valley na Columbia Británica.

A&E optou por saltarse o piloto da serie, optando por ir directamente ordenando unha primeira tempada de 10 episodios.[4] O 15 de xuño de 2015, a serie renovouse para unha cuarta e quinta tempadas, converténdose na serie de drama de máis longa duración con guión orixinal de A&E na historia da canle.[9] Os actores principais da serie, Farmiga e Highmore, recibiron eloxios particulares polas súas actuacións na serie, recibindo a primeira un nomeamento ao Primetime Emmy Award e gañando un Saturn Award á Mellor Actriz en Televisión. Bates Motel tamén gañou tres People's Choice Awards por Drama Favorito de Cable, e como Actriz Favorita (Farmiga) e Actor (Highmore).

Sinopse editar

A historia comeza despois da morte do señor Bates, cando Norman e a súa nai mercan o motel que levará o seu nome. A serie retrata a vida do mozo de aspecto fráxil chamado Norman Bates e da súa posesiva nai Norma, uns anos antes dos acontecementos narrados no filme Psicose.

Elenco editar

Actor Personaxe Tempada
1 2 3 4 5
Vera Farmiga Norma Bates Principal
Freddie Highmore Norman Bates Principal
Max Thieriot Dylan Massett Principal
Olivia Cooke Emma Decody Principal
Nicola Peltz Bradley Martin Principal Recorrente
Nestor Carbonell Alex Romeu Recorrente Principal
Kenny Johnson Caleb Calhoun Recorrente Principal Convidado Recorrente

Episodios editar

Tempada Episodios Emisión orixinal
Comezo Remate
1 10 18 de marzo de 2013 20 de maio de 2013
2 10 3 de marzo de 2014 5 de maio de 2014
3 10 9 de marzo de 2015 11 de maio de 2015
4 10 7 de marzo de 2016 16 de maio de 2016
5 10 20 de febreiro de 2017 24 de abril de 2017

Produción editar

 
O elenco promovendo a serie en Paley Center for Media, 2013 (esquerda a dereita) Thieriot, Peltz, Highmore, Farmiga, e Carbonell

O 12 de xaneiro de 2012, informouse de que A&E estaban a desenvolver unha serie de televisión titulada Bates Motel que serviría como unha precuela do filme de Alfred Hitchcock Psiscose.[10] O primeiro guión foi escrito por Anthony Cipriano.[11] En marzo de 2012, Carlton Cuse e Kerry Ehrin uníronse ao proxecto como produtores executivos e guionistas principais.[12] Cuse citou a serie de drama Twin Peaks como unha inspiración clave para Bates Motel, afirmando: "Case arrincamos Twin Peaks... Se quería obter esa confesión, a resposta é si. Encantoume ese programa. Só fixeron 30 episodios. Kerry [Ehrin] e eu pensamos que fariamos os 70 que faltan."[13] O 2 de xullo de 2012, A&E deu a Bates Motel unha orde directa como serie.[14]

O 27 de agosto de 2012, Vera Farmiga foi a primeira en ser elixida para interpretar a Norma Louise Bates.[15] O 14 de setembro de 2012, Freddie Highmore foi elixido como Norman Bates.[16] Ese mesmo día, Max Thieriot foi elixido como o medio irmán de Norman, Dylan Massett.[17] Pouco despois, o 19 de setembro de 2012, Nicola Peltz foi elixida como Bradley Martin, un posible interese amoroso de Norman.[18] Por último, o 20 de setembro de 2012, Olivia Cooke foi o última membro principal do elenco para unirse á serie, no papel de Emma Decody, a mellor amiga de Norman.[19] Nestor Carbonell foi elixido nun papel recorrente como o sheriff Alex Romeu na primeira tempada, pero foi ascendido ó elenco principal a comezos da segunda tempada.[20] En xullo de 2014, Kenny Johnson, que volveu como o irmán de Norma, Caleb Calhoun na segunda tempada, foi promovido a regular para a terceira tempada.[21] Anunciouse o 22 de xullo de 2016 en San Diego Cómic-Con International que Rihanna aparecería no papel icónico de Marion Crane para a quinta e derradeira tempada.[22]

Unha réplica do orixinal motel Bates que aparece no filme Psicose foi construída na localización aproximadamente en 1054 272nd Street en Aldergrove, na Columbia Británica, onde se fixeron as localización da serie.[23][24] A casa orixinal e o motel atópanse en Universal Studios, Hollywood, Os Ánxeles. A rodaxe adicional para a serie ocorreu en múltiples áreas da Columbia Británica, incluíndo Steveston, Coquitlam, Horseshoe Bay, West Vancouver e Fort Langley. En febreiro de 2017, despois de que a filmación rematese, o set exterior do Motel Bates en Aldergrove foi derrubado.[25]

Notas editar

  1. "A&E Network to Premiere New Original Scripted Drama Series 'Bates Motel' on Monday, March 18 at 10PM ET/PT". Consultado o 4 de xaneiro de 2013. 
  2. "'Psycho' prequel shot in Aldergrove". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  3. "BATES MOTEL Set in Aldergrove is Spitting Image of Alfred Hitchcock's Set in Psycho – Updated". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "A&E Network Orders 'Bates Motel' to Series". 2 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  5. "Review: 'Bates Motel' a twisty, moody modern prequel to 'Psycho'.". 18 de marzo de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  6. "'Bates Motel': An Intriguing Contemporary Prequel To 'Psycho'". 18 de marzo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2013. Consultado o 16 de abril de 2013. 
  7. "Mother, as She Lives and Breathes". 17 de marzo de 2013. 
  8. "Tension builds in The Lake, but dies at the Bates Motel". 17 de marzo de 2013. 
  9. "'Bates Motel' Renewed for Two More Seasons at A&E; 'Returned' Cancelled". 15 de xuño de 2015. 
  10. "TCA: 'Psycho' Prequel Series 'Bates Motel' in the Works at A&E". 12 de xaneiro de 2012. 
  11. "A&E developing 'Psycho' prequel TV series". 12 de xaneiro de 2012. 
  12. "Lost Showrunner Carlton Cuse Joins Psycho Prequel". 9 de marzo de 2012. 
  13. "Carlton Cuse At 'Bates Motel' Panel: "We Pretty Much Ripped Off 'Twin Peaks'"". 10 de maio de 2013. Consultado o 11 de maio de 2013. 
  14. "A&E Orders Carlton Cuse's 'Psycho' Prequel 'Bates Motel' Straight to Series". 2 de xullo de 2012. 
  15. "Norman Bates' mother cast in A&E's 'Psycho' series". 27 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 01 de abril de 2019. 
  16. "Keck's Exclusives: Bates Motel Casts Its Norman – Today's News: Our Take". 14 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2014. Consultado o 01 de abril de 2019. 
  17. "A&E's 'Bates Motel' Adds Max Thieriot as Norman's Brother". 14 de setembro de 2012. 
  18. "'Bates Motel' Adds 'Last Airbender' Actress as Love Interest for Norman (Exclusive)". 19 de setembro de 2012. 
  19. "'Psycho' TV prequel 'Bates Motel' adds 'Blackout' star Olivia Cooke". 20 de setembro de 2012. 
  20. "Mike Vogel & Nestor Carbonell Join A&E's 'Bates Motel', Trio To Recur On 'Shameless'". 2 de outubro de 2012. 
  21. "Bates Motel – Season 3 – Kenny Johnson upped to Regular". Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  22. "Comic-Con: 'Bates Motel' Taps Rihanna for Famous 'Psycho' Role". 22 de xullo de 2016. Consultado o 24 de xullo de 2016. 
  23. "'Bates Motel': What's going on in that bucolic Oregon coastal town". marzo de 2013. 
  24. "BATES MOTEL Set in Aldergrove is Spitting Image of Alfred Hitchcock's Set in Psycho – Updated". 15 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 01 de abril de 2019. 
  25. "Hollywood North: The Bates Motel gets hit by the wrecking ball (gallery)". 4 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar