Batalla dos montes Nervasos

A batalla dos montes Nervasos foi un enfrontamento militar ocorrido no ano 419 entre os suevos, dirixidos polo seu rei Hermerico e auxiliados polos romanos do comes Hispaniarum Asterio, e os vándalos, liderados polo seu propio rei Gunderico e auxiliados polos alanos, no contexto das invasións xermánicas na Península Ibérica. O encontro, que tivo lugar na actual provincia de León (España), saldouse cunha vitoria sueva.

Batalla dos montes Nervasos
Parte de Guerras xermánicas

Campañas de suevos, vándalos e Imperio romano de Occidente durante a guerra suevo-vándala.
Data 409
Lugar Montes Nervasos (actual provincia de León
Resultado Vitoria sueva e romana.
Belixerantes
Reino suevo
Imperio Romano
Vándalos
Alanos
Líderes
Hermerico
Asterio
Gunderico

Antecedentes editar

Entre os anos 409 e 411, os pobos xermánicos dos vándalos e suevos, así como os iranios alanos, penetraron na Península Ibérica a través dos Pireneos occidentais, despois de someter a Galia romana a un réxime de saqueo e pillaxe durante tres anos.[1][2] Os romanos non poden dar unha resposta eficaz debido ás sublevacións locais de Xeroncio e Máximo, e con isto ábrese o período das invasións xermánicas na Península Ibérica.[3] Os pobos pactaron entre si, e a sortes, a repartición dos territorios de Hispania: atravesando sen deterse a Tarraconense, que permanece na súa maior parte en mans romanas, os vándalos silingos aséntanse na provincia romana da Bética, os alanos en Lusitania e a Cartaginensis, mentres que suevos e vándalos asdingos chegan a un acordo sobre a Gallaecia. Os suevos quedarían cos conventos Lucense (con capital en Lucus Augusti, Lugo) e Bracarense (con capital en Bracara Augusta, Braga), e os asdingos o Convento Asturicense (con capital en Asturica Augusta, Astorga).

 
Hispania en 409-429.

En 416, Walia, rei dos visigodos de Tolosa, entra na Península como aliado dos romanos para combater os invasores bárbaros. Estes prefiren non unirse para enfrontarse á ameaza común, e contra o ano 418 aniquilou case por completo ós silingos e dispersou os alanos, logo de matar o seu monarca Atax, que se refuxian entre os asdingos (motivo polo que en diante os reis vándalos nomeásense «reis dos vándalos e os alanos»).[1][2]

O rei suevo Hermerico, pola súa banda, consegue asinar un tratado co emperador Honorio para que conceda á súa tribo o estado legal de foederati (do que gozan tamén os visigodos), polo que os galaicorromanos deben cederlles terras. Estabelécense gornicións nas cidades e Braga empeza a ser considerada o centro de poder. O desagrado dos galaicorromanos por ter que dar parte das súas terras ós suevos mostrarase no futuro como fonte de conflitos entre nativos e colonos, dándose varios tratados de paz incumpridos e o envío dunha embaixada indíxena ó xeneral Aecio na Galia, encabezada polo bispo Hidacio, que non conseguirá os seus propósitos.[3]

En alianza cos romanos, Hermerico deixaríase levar polos desexos expansionistas do seu reino e entra en conflito cos seus veciños vándalos, os máis achegados.[4]

A batalla editar

Os detalles do enfrontamento entre os dous pobos non están claros, pero podemos deducir que foron os suevos os que levaron a iniciativa ó romper as hostilidades, xa que os montes Nervasos (chamados así ou ben polo antigo pobo galaico dos narbasos ou polo xeneral romano Erbasio), a pesar da súa localización incerta, puideron estar situados na comarca leonesa do Bierzo, entón o Convento Asturicense, que en virtude do pacto de 409–411 pertencía ós vándalos asdingos de Gunderico.[5]

A interpretación tradicional da batalla explica que durante a invasión do territorio inimigo, Hermerico e o seu exército foron acurralados nos montes Nervasos polas tropas de Gunderico, e só a intervención romana salvou os suevos dunha grave derrota.[1][2] É o comes Hispanorum Asterio quen á fronte dun poderoso exército romano levantou o asedio das posicións suevas e obrigou ó exército vándalo a se retirar. Non rematou aquí a campaña romana, pois Asterio acosou os vándalos até obrigalos a replegárense no sur, cara a Bracara Augusta onde esperaba o seu vicarius Maurocelo, quen comandaba outro exército para a ocasión, para interceptar aos asdingos e derrotalos.

Esta explicación dos acontecementos deriva do parágrafo XXV da crónica de Hidacio:

Iníciase a guerra entre Gunderico, rei dos vándalos, e Hermerico, rei dos suevos. No entanto, estes son cercados polos vándalos, nos montes Nervasos.[6]

Porén, o autor contradise no parágrafo XXVI, onde afirma seren os vándalos os que se achaban baixo cerco do suevos ("suevorum obsidione"):

O suevos, despois dos suevos levantaren o cerco a pedido de Asterio, conde de Hispania, abandonaron a Gallaecia e pasaron á Bética.[7]

Algúns autores inclínanse a consideran como correcto o segundo dos parágrafos por semellar improbábel que o imperio romano rescatase a un grupo de bárbaros para entregarlles posteriormente unha das súas provincias.[8]

 
Peite de óso da época sueva, probable intercambio comercial. Pertencente á cultura de Cherniajov, foi achado en Castro Bergidum.

Consecuencias editar

Forzado pola derrota, o rei Gunderico guiará ó seu pobo a buscar o asentamento na Bética. Entre 421 e 422 derrotan ó exército imperial de Flavio Castino enviado contra eles para recuperar o perdido, e constrúen unha gran frota coa que logran o predominio naval da rexión e conquistar boa parte do sueste de Hispania, chegando a saquear cidades como Hispalis (Sevilla) e Carthago Nova (Cartaxena), entre outras localidades.[1]

En 428 morre Gunderico e sucédeo no trono o seu medio irmán Xenserico, que decide que o novo fogar dos vándalos está no norte de África, no que as disputas internas impedirán a resistencia romana.[3] Pero mentres Xenserico se atopa ocupado cos preparativos que farán que 80.000 persoas, 15.000 delas guerreiros, crucen o estreito de Xibraltar, as bandas suevas de Heremigario atácano pola retagarda tras saquear a Lusitania.[2] Os incursores serán derrotados preto de Mérida e o seu líder afoga no Guadiana mentres tentaba fuxir. O ano seguinte, os vándalos desembarcan en Ceuta, dende onde en poucos anos se farán con toda a África occidental romana para ser despois varridos e derrotados Belisario, xeneral de Xustiniano I.

Respecto dos suevos, permanecerían en Gallaecia até a conquista visigoda de Leovixildo do seu reino no ano 585, compartindo a mesma sorte que os seus inimigos vándalos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Invasión de los bárbaros y dominación de los visigodos". Nubeluz.es. Arquivado dende o orixinal (html) o 03 de xaneiro de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cossue (28 de novembro de 2005). "Breve historia del reino suevo de Gallaecia (1)". Celtiberia.net. Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Los años 408 a 433" (pdf). InterClassica. 3 de marzo de 2007. Consultado o 11 de agosto de 2010. 
  4. Arce (2007), páx. 111
  5. "Ayuntamiento de Villamanín: Arbas del Puerto". Concello de Villamanín. Arquivado dende o orixinal (html) o 09 de setembro de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2010. Arbas deriva, segundo coinciden os máis informados autores, do seu enclave nos 'Montes Erbasos', quen, á súa vez, o tomaría dun xeneral romano de nome Erbasio 
  6. de Chaves, Hidacio. Hydatii Episcopi Chronicon. p. XXV. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2019. Inter Gundericum Vandalorum, et Hermericum Suevorum reges certamine orto, Suevi in Nervasi [Ms., Nerbasis] montibus obsidentur a Wandalis. 
  7. de Chaves, Hidacio. Hydatii Episcopi Chronicon. p. XXVI. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2019. Wandali Suevorum obsidione dimissa, instante Asterio Hispaniarum comite, sub vicario Maurocello, aliquantis Bracarae in exitu suo occisis, relicta Gallaecia ad Baeticam transierunt. 
  8. Lago Villaverde, Alberte; Egea Lapina, Henrique (2019). 40 datas que fizeram a história da Galiza. Através editora. p. 48. ISBN 978-84-16545-32-2. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arce, Javier (2007). Bárbaros y romanos en Hispania. Marcial Pons Historia. ISBN 84-96467-57-0.