Batalla de Mediolanum

A Batalla de Mediolanum foi un enfrontamento militar librado na primavera do ano 260[1][2][3][4] (aínda que algúns historiadores a datan no 259) nas proximidades da entón chamada Mediolanum, entre as forzas do Imperio romano e a confederación tribal dos alamanos, sendo a primeira incursión bárbara na Península Itálica desde as Guerras marcomanas.[5]

Batalla de Mediolanum

Mapa das invasións xermanas entre 250-260
Data probablemente 260
Lugar Mediolanum (actual Milán)
Resultado Vitoria romana
Belixerantes
Imperio romano Alamanos
Líderes
Galieno Descoñecido
Forzas en combate
Segundo Zonaras, 10.000 Segundo Zonaras, 300.000

Antecedentes editar

Cando, no 253, Valeriano se converteu en emperador, elevou a seu fillo Galieno ao rango de coemperador. Mentres Valeriano loitaba contra os godos, que viñan de saquear Tracia e Asia Menor, e posteriormente contra o Imperio sasánida de Sapor I en Siria e Mesopotamia, Galieno permeneceu en Italia encargado de defende-las fronteiras do Imperio contra os xermanos.

Na metade occidental do Imperio, a situación fronteiriza era difícil. Aínda que fronteira danubiana resistiu continuos ataques xermánicos, Galieno houbo marchar con reforzos militares dende a Galia até Dacia e Moesia para se enfrontar a eles. A situación era tan perigosa que no 259, as lexións de Panonia e Moesia se rebelaron e declararon ao usurpador Ingenuus como emperador.

Finalmente, Galieno reuniu as forzas preto do Rin e deixou atrás a Legio II Parthica, a cal lle outorgara os títulos de V Fidelis V Pia e VI Fidelis VI Pia (respectivamente, "Cinco" e "Seis veces leal e fiel"),[6] para defendelo e marchou someter os xermanos.

Polo 259, os romanos abandonan os Campos Decumanos ante os alamanos, unha parte dos suevos, pois Galieno deuse conta de que era incapaz de defende-las terras ao leste do Rin e ao norte do Danubio.das incursións xermanas. Por outra banda, Póstumo, gobernador da Germania Superior e a Inferior, sublevouse e fundou o Imperio galo.[7] En paralelo, Galieno que viña de derrotar ao pretendente Ingenuus, recibiu as novas dainvasión dos alamanos quen cruzaronn os limes xermánico-réticos e entraron polo paso do Brennero en Italia, atacando as chairas do Po. O saqueo da zona infundiu medo á cidade de Roma, a capital do imperio pois, daquela, aínda non estaba amurallada. O Senado de Roma organizou apresuradamente un continxente de plebeos para combatilos[8] nun intento de asegura-la defensa da cidade. Daquela, Galieno tivo que marchar interceptalos.[9][3]

A batalla editar

Cando Galieno chegou ao val do Po, atopou aos alamanos nas inmediacións de Mediolanum, o actual Milán. O encontro foi cruento e venceron os romanos morrendo moitos xermanos. O emperador recibiu o título de Germanicus Maximus e, segundo as fontes, Galieno fixo erixir un arco de triunfo e os estudos arqueolóxicos indican o completo abandono dos arredores da cidade despois da batalla.[10]

Bandos enfrontados editar

As cifras das forzas enfrontados varían moito dependendo das fontes empregadas. Sábese que, por parte romana, participaron as lexións romanas (ou as súas vexillationes) involucradas na campaña foron a I Adiutrix, I Minervia, II Adiutrix, II Italica, II Parthica, VIII Augusta, XXII Primigenia e XXX Ulpia Victrix; en total, uns 30.000 lexionarios,[11] e preto de 60.000 combatentes se se suman os auxiliares.[12]

Máis complicado é o cálculo por parte xermana. O historiador do século XII, Juan Zonaras, afirmou que os alamanes eran 300.000 entre guerreiros e non combatentes. O mesmo autor, tamén afirmou que no 298, Constancio Cloro vencera aos alamanos en Lingones, dando morte a 60.000 deles.[13][14][15] Amiano Marcelino dixo que de 40.000 a 70.000 lentienses, unha tribo da confederación, loitaron en Argentovaria (378).[16][17] Como no caso de tódolos autores da antigüidade ou da Idade Media, as súas cifras son pouco fiables.

Segundo estimacións modernas, cando no 376 cando 200.000 tervingos cruzaron o Danubio, os alamanos tiñan unha poboación semellante de, polo menos, 150.000 persoas.[18] Outra estimación moderna sostén que tanto alamanos como tervingos podían mobilizar máis de 10.000 guerreiros, quizais até 20.000, para unha batalla, polo que contarían cunha poboación unhas cinco veces maior, de entre cincuenta ou cen milleiros; o tamaño media estimado para as grandes confederacións xermanas.[19][20] Probablemente, un quinto eran homes adultos capaces de guerrear.[21] Máis próximo á realidade puido estar Marcelino, quen di que 35.000 alamanes loitaron en Estrasburgo (357).[22][15]

Así, é máis probable que os alamanos fosen só uns poucos milleiros, pois esta non era a migración dun pobo enteiro senón unha expedición de saqueo integrada unicamente por guerreiros.[23]

Consecuencias editar

O éxito dos alamanos no ataque ao Imperio romano revelou unha vez máis a debilidade da tradición centenaria de situar as lexións de Roma preto das fronteiras sen proporcionar unha defensa adecuada dentro do interior do imperio. A batalla de Mediolanum demostrou aos romanos a vulnerabilidade de Italia e o valor das unidades militares rápidas e flexibles. Despois, Galieno promulgou unha reforma importante introducindo un exército de campo altamente móbil composto principalmente por cabalería (vexillationes). Estas unidades móbiles, a xeito de reserva estratéxica, intervirían cando e onde fosen necesarios (os comitatensis, creados por Septimio Severo).[24] Estas tropas eran cabalaría e eran máis rápidas e efectivas que a infantaría contra estas incursións.[25]

Precisamente, pola súa localización a distancia intermedia entre as provincias de Recia e Nórico con Roma, Mediolanum foi o lugar escollido como base destas tropas que quedaron baixo o control do seu xeneral, Aureolus, e tiñan como principal misión a de protexer Italia.

Polo medo da invasión, o posterior emperador Aureliano, comezou a amurallar Roma.

Notas editar

  1. Ruggini (1990), pp. 18,30.
  2. Banchich (2009), pp. 110 (nota 72).
  3. 3,0 3,1 Southern (2001), pp. 212-213.
  4. Watson (1999), pp. 34,220.
  5. Mazzarino (1973), p. 526.
  6. Oman (1918), pp. 90-91.
  7. Grant (1984), p. 230, 235.
  8. "Publius Licinius Egnatius Gallienus (AD ca. 213 - AD 268)". roman-empire.net (en inglés). 1 de marzo de 2014. Archived from the original on 31 de marzo de 2014. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  9. Eutropio IX.8
  10. Arslan (1992), p. 352-358.
  11. Rodríguez González (2003), p. 731.
  12. Le Bohec (1993), p. 34-35.
  13. Eutropio IX.23; Zonaras XII.31
  14. Banchich (2009), p. 65.
  15. 15,0 15,1 Lenski (2002), p. 355, nota 189.
  16. Marcelino XXXI.10.5; Lenski, 2002: 355, nota 189
  17. Marcelino XV.4.1
  18. Elton (1996), p. 73.
  19. Heather (2012), p. 59.
  20. Jones (1998), p. 266.
  21. Maier (1994), p. 126.
  22. Marcelino XVI.12.26
  23. Drinkwater (2007), p. 71.
  24. Grant (1984), p. 232.
  25. Mazzarino (1973), p. 551-552.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Clásicas editar

  • Amiano Marcelino. Rerum Gestarum. Libros XV, XVI e XXXI. Tradución latín-inglés John C. Rolfe, Cambridge: Harvard University Press, editado por William Heinemann, 1935-1940.
  • Flavio Eutropio. Breviarium historiae romanae. Libro IX (en latín). (digitalizado en The Latin Library). .
  • Zósimo (1814). New History (en inglés). (Dixitalizado e transcrito por Roger Pearse, Ipswich, 2002). Londres: Green & Chaplin. 

Modernas editar

  • Banchich, Thomas M.; Lane, Eugene (2009). The History of Zonaras: From Alexander Severus to the Death of Theodosius the Great (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 9781134424733. 
  • Drinkwater, J. F. (2007). The Alamanni and Rome 213-496: Caracalla to Clovis (en inglés). Oxford: OUP. ISBN 9780199295685. 
  • Elton, Hugh (1996). Warfare in Roman Europe Ad, 350-425 (en inglés). Clarendon Press. ISBN 9780198150077. 
  • Grant, Michel (1984). Gli imperatori romani, storia e segreti. (en italiano). Roma: Newton Compton. ISBN 88-541-0202-4. 
  • Heather, Peter J. (2012). Empires and Barbarians: The Fall of Rome and the Birth of Europe (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780199892266. 
  • Jones, Michael E. (1998). The End of Roman Britain (en inglés). Cornell University Press. ISBN 978-0-80148-530-5. 
  • Le Bohec, Yann (1992). L'esercito romano (en italiano). Roma: La Nuova Italia Scientifica. 
  • Lenski, Noel Emmanuel (2002). Failure of Empire: Valens and the Roman State in the Fourth Century A.D. (en inglés). Oakland: University of California Press. ISBN 9780520233324. 
  • Maier, Franz Georg (1994). Las Transformaciones del mundo mediterráneo: siglos III-VIII. Madrid: Siglo XXI de España Editores. Tradución alemán-español por Pedro Viadero. ISBN 978-8-43230-067-7.
  • Mazzarino, Santo (1973). L'impero romano. Bari: Laterza. 3 vols. ISBN 88-420-2377-9,
  • Oman, Charles (1918). Royal Numismatic Society, eds. "ON THE COINS OF SEVERUS AND GALLIENUS COMMEMORATING THE ROMAN LEGIONS". The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society (en inglés) (Londres) (18): 80–96. ISSN 0078-2696. JSTOR http://www.jstor.org/stable/42678499. 
  • Rodríguez González, Julio (2003). Historia de las legiones romanas. Madrid: Almansa. ISBN 9788496170025.
  • Ruggini, Lellia Cracco (1990). "Milano da «metropoli» degli Insubri a capitale d'impero: una vicenda di mille anni". En Mostra Milano capitale dell'Impero romano (286-402 d. C.). Milán: Silvana Editoriale. Editado por Gemma Sena Chiesa.
  • Southern, Pat (2001). The Roman Empire: from Severus to Constantin. Londres: Routledge. ISBN 0-415-23944-3.
  • Watson, Alaric (1999). Aurelian and the Third Century. Londres: Routledge. ISBN 0-415-30187-4.