Batalla de Lorena

A batalla de Lorena foi unha batalla da primeira guerra mundial, producida no contexto da batalla das fronteiras entre o 14 e o 25 de agosto de 1914. Desta vez, a vitoria caeu do lado alemán.

Batalla de Lorena, parte da Batalla das fronteiras
French heavy cavalry on the way to battle, París, agosto 1914.
Cabalería francesa pesada parisiense.
Data: 14 a 25 de agosto de 1914 (fin dos combates a grande escala)
Lugar: Lorena, Francia
Conflito: Primeira guerra mundial
Resultado: Vitoria alemá
Combatentes
República Francesa Imperio Alemán

Ofensiva francesa editar

O 14 de agosto de 1914, os franceses iniciaron un ataque sobre Lorena, territorio perdido trala derrota na guerra franco-prusiana. O obxectivo era emprender un dobre ataque: O I Exército francés atacou Sarrebourg mentres o II Exército avanzaba cara Morhange.

O día 17, o XX Corpo galo de Foch ocupaba Château Salins, preto de Morhange, e un día despois os franceses conquistaban Sarrebourg. O avance francés foi exitoso inicialmente, pero os alemáns estaban preparando un contraataque co VI e VII Exércitos Imperiais.

Contraataque alemán editar

Rupprecht logrou deter o avance francés en Lorena, en parte grazas ao uso de metralladoras e mellor material cós franceses. Non obstante, o xeneral alemán non estaba contento cun rol soamente defensivo e pediulle ao Alto Mando do Imperio Alemán permiso para atacar ao exército inimigo.

O día 20, os alemáns atacaron e ocuparon Morhange e Sarrebourg. Trala reocupación destas vilas, emprenderon un ataque no territorio francés, tentando conquistar Nancy. Desta vez, o XX Corpo de Foch resistiu e permitiu a reconquista de Mulhouse. Porén, o ataque xermano desbaratou o Plan XVII.

O día 24 producíronse varios ataques e contraataques, que duraron ata o final de agosto. A partir de setembro, escaváronse trincheiras e a fronte quedou inamovible ata 1918.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar