Batalla de Isandhlwana

A batalla de Isandhlwana tivo lugar o 22 de xaneiro de 1879 no contexto da guerra anglo-zulú. O continxente británico estaba dirixido polo Barón de Chelmsford e o zulú por Ntshingwayo Khoza.
O 11 de decembro de 1878 os británicos presentaran un ultimato a Cetshwayo, o rei zulú, cando practicamente xa se decidira atacalo.
O exército británico de 16 800 homes consistía de rexementos de cabalaría, infantaría e o corpo de voluntarios de Natal composto por africanos e bóers, as columnas de subministración compostas por 612 carromatos e 113 carros lixeiros tirados por 7 626 animais de tiro causaban moito atraso. Chelmsford move as súas tropas dende Pietermaritzburg, onde estaba instalado, cara ao campamento de Helpmekaar, preto de Greytown, o 9 de xaneiro chegan Rorke's Drift, e na mañá do 11 de xaneiro, sen agardar a resposta ao ultimato, comezan a cruzar o Río Buffalo e entran en Zululandia. Os británicos acampan en Isandlwana, un lugar en campo aberto, que non fortifican, confiando no seu armamento e organización superior, e aínda que organizaron patrullas de recoñecemento que se atoparon con algúns zulús, non foron capaces de descubrir a magnitude da tropa zulú próxima, que consistía en 35 impis (rexementos).
Chelmsford dividiu o seu exército e dedicouse a atopar os zulús. Deixou o 1º batallón do 24º Rexemento de infantaría no campamento baixo o mando de Henry Pulleine, un administrador sen experiencia bélica.
Mentres Chelmsford estaba no campo buscándoos e hostigado por pequenas partidas zulús que o afastaban do acampamento, o exército zulú, composto por 22 000 homes, atacou o acampamento británico, os 1 000 soldados británicos e 800 nativos foron totalmente superados, os zulús non fixeron prisioneiros e mataron a case todos, tan só 55 militares británicos e 300 nativos conseguiron fuxir. Despois da batalla, os zulús, seguindo a súa tradición, abriron os corpos dos mortos para liberar os espíritos.
Isandlwana foi a primeira derrota dos británicos en África, os zulús perderon 3 000 homes e outros tantos resultaron feridos

Monumento dedicado ós mortos zulús