Basket Navarra Club

O Basket Navarra Club, coñecido por motivos de patrocinio como Enerparking Basket Navarra, é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Pamplona, Navarra. Actualmente xoga na xoga na LEB Prata, terceira categoría do baloncesto en España.

Enerparking Basket Navarra
Información xeral
Liga LEB Prata
Fundación 2006
Cores           Vermello, negro
Presidente España José Javier Sobrino
Adestrador España Xabi Jiménez
Localización
Cidade España Pamplona, España
Pavillón Pabellón de Arrosadia
Capacidade 1 500
basketnavarraclub.com

Historia editar

O club comezou a súa andaina en 2006, na liga EBA, co nome de HNV Consmetal Navarra. Ao ano seguinte ascendería á LEB Bronce e en 2008 chegaría a LEB Prata, onde na súa segunda tempada alcanzaría as semifinais, onde caería ante o CB Tíjola, pero lograría praza posteriormente na LEB Ouro, categoría na que debuta en 2010.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar