Bascoi, Mesía

parroquia civil do concello de Mesía

Santiago de Bascoi[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 125 habitantes (59 mulleres e 66 homes) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 219 habitantes.

Bascoi
Fortaleza de Mesía.
ConcelloMesía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°07′13″N 8°13′16″O / 43.1203, -8.2212Coordenadas: 43°07′13″N 8°13′16″O / 43.1203, -8.2212
Área10,08 km²
Poboación125 hab. (2023)
Densidade12,4 hab./km²
Entidades de poboación23[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial de Santiago de Bascoi data do século XVII. No interior garda un coro de madeira elevado, situado aos pés, e un arco de triunfo que divide o presbiterio da nave.

A Capela de San Roque e a Virxe do Carme con elementos góticos e barrocos.

O Castelo de Mesía na Pobra, en ruínas. De estilo gótico tardío, consérvanse parte das murallas, o foxo, e indicios da distribución do interior. Mandada construír por Gonzalo Díaz de Mesía, pouco máis tarde pasou a ser propiedade de Gómez Pérez das Mariñas I.

Festas editar

  • Virxe do Carme, 16 de xullo.
  • Santiago Apóstolo, o 24 e 25 de xullo.
  • Santa Bárbara, 2 de decembro.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Bascoi editar

Lugares da parroquia de Bascoi no concello de Mesía (A Coruña)

Amande | Augalada | Bermui | Os Blancos | O Campo | As Corredoiras | O Fondo | A Fonte | A Fraga | Gandarela | Liñarcovo | O Medio | Paredes | A Pedreira | A Pobra | A Rañoa | O Regueiro | Sadornín | Tamarín | As Teixoeiras | A Uceira | Vilanova | Vilariño

Parroquias de Mesía editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar