Barco viquingo é o nome colectivo que reciben os diferentes tipos de navíos utilizados polos viquingos, divididos en función do seu tamaño e función: drakkar, knarr, karve e faering.

O Oseberg é un barco viquingo construído no ano 820

Historia editar

Os primeiros barcos viquingos carecían de velame, contra fins do século VI e comezos do VII comezan a aparecer as primeiras velas e a partir do século VIII os navíos contan cun velame máis completo, converténdose en típico o navío cunha gran vela cadrada ou trapezoidal sobre un pau situado á proa do medio da nave, nunha carlinga sobre a quilla, esta vela era a que rexía o rumbo da nave, servindo o temón tan só para facer lixeiras correccións. Aínda así os viquingos seguiron a utilizar embarcacións sen velame.

 
Ilustración do século XII de barcos viquingos sen velame

A construción dos barcos realizábase as máis das veces ao aire libre ou ben nun alboio ao pé da beiramar, utilizando diferentes tipos de madeira para as diferentes partes, de carballo para a quilla, de abeto para a berlinga e as partes máis avanzadas da popa e da propa e de faia para o resto.

Drakkar editar

 
Drakkar típico

O drakkar[1] era unha embarcacións longa, rápida, lixeira e segura, con remos en case toda a lonxitude do casco e con velame. Usábase tanto como para viaxes de rapina como para comercio de longa distancia. Foi clave para o poder naval viquingo e posibilitaron a colonización nórdica das Orcadas, Shetland, Feroe, Islandia e Groenlandia xa que non navegaba bordeando a costa como ata entón era o habitual.

Knarr editar

Os knarr eran navíos de transporte de 16 metros de longo, 4.5 de largo e con capacidade para transporter 15 toneladas

Karve e faering editar

Os karve e faering eran pequenas embarcacións.

Notas editar

  1. Termo en Digalego.