Barcelona Universitari Club

O BUC, ou Barcelona Universitari Club, é unha entidade deportiva catalá adicada ó rugby que foi fundada a finais do ano 1928 e que veu de competir na División de Honra B na tempada 2010-11, co resultado do descenso de categoría a Primeira Nacional. O BUC disputou 10 tempadas na División de Honra, a última en 2006.

BUC
NomeBarcelona Universitari Club
Fundación1928
SedeBarcelona, España España
Estadio(s)La Foixarda
PresidenteHugo Fernández Llort
AdestradorJordi Puigverd
CapitánJuan Pistone
Liga(s)División de Honra B. Grupo B
2014-15
Casa
Na rede
http://www.buc.cat
Facebook: BUCrugby Twitter: BUC1929 Instagram: buc1929 Youtube: UCnaZhrL6NzCX5-DHKRKA2Ug Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Co nome de Rugby Club Universitary, o equipo xogou o seu primeiro encontro o 16 de decembro de 1928 fronte ó FC Barcelona perdendo por 8 a 0. En 1929 o club participou por vez primeira no campionato de Cataluña de rugby, e coa chegada de varios xogadores doutro club da cidade, trocouse o nome deste polo actual Barcelona Universitari Club, converténdose nunha entidade polideportiva na que había seccións de hípica, tenis e atletismo ademais da de rugby.

Trala Guerra Civil, o equipo pasou polas mans das xuventudes falanxistas durante algún tempo, pero pouco a pouco os fundadores do club se fixeron de novo con el. Nesa época o BUC adoptou a cor negra no seu traxe, cambiou o seu nome por Barcelona Union Club, e desfixo tódalas seccións agás o rugby.

Foi trala transición cando chegaron os mellores resultados deportivos do club. O equipo ascendeu á máxima categoría do rugby nacional, e competiu na División de Honra por vez primeira na tempada 1978-79, repetindo na tempada 1980-81. A finais dos 80 foi a época de maior presenza do equipo no máximo nivel. Participou na liga nas tempadas 1987-88, 1988-89, 1989-90, 1992-93, 1993-94, 1994-95 e 1995-96.

A última participación do BUC na División de Honra produciuse na tempada 2005-06, acadando a 3ª posición na clasificación final da Liga Española, coa axuda institucional que dende o ano 2002 estaba a recibir por parte do club francés USAP Perpignan, empregando así pois o nome USAP Barcelona. Ó ano seguinte o BUC cedeulle a súa praza deportiva dentro da División de Honra ó FC Barcelona.

Na tempada 2010-11 o BUC rematou a tempada 7º na clasificación final do Grupo 1 da División de Honra B, polo que tivo que defender a súa praza na categoría fronte a un equipo da Primeira Nacional, o Independiente RC de Santander. O resultado final foi a prol do equipo cántabro, de xeito que a tempada rematou co descenso do BUC a Primeira Nacional, o terceiro nivel do rugby español.

Palmarés editar

Posicións do Barcelona Universitari Club nas competicións nacionais
Categoría 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71 70
Div.Honra 3 10 8 7 9 11 10 6 x x
Div.HonraB 7 3 4 2 7 4
1ªNacional 2 1 3 2 4 4 3 2 2 1 3 1 5 3 1 4 3 8
Copa 2

A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.

Tempada actual editar

POSTO EQUIPO PUNTOS XOG GAÑ EMP PER
1º. CUARTOS DE FINAL   Fénix 5 1 1 0 0
2º. CUARTOS DE FINAL   Les Abelles 5 1 1 0 0
3º. CUARTOS DE FINAL   Valencia 5 1 1 0 0
4º. PERMANENCIA   Babarians 5 1 1 0 0
5º. PERMANENCIA   CAU Valencia 4 1 1 0 0
6º. PERMANENCIA   L'Hospitalet 1 1 0 0 1
7º. PERMANENCIA   Poble Nou 1 1 0 0 1
8º. PERMANENCIA   Sant Cugat 0 0 0 0 0
9º. PERMANENCIA   Santboiana B 0 0 0 0 0
10º. PERMANENCIA   Tatami 0 1 0 0 1
11º. PROMOCIÓN   BUC 0 1 0 0 1
12º. DESCENSO   Montcada 0 1 0 0 1

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar