Barallete

xerga utilizada polos afiadores de Nogueira de Ramuín

O barallete[1] é a xerga utilizada polos afiadores do concello ourensán de Nogueira de Ramuín para se comunicar entre eles.[2] A finalidade da fala era a de evitar a comprensión por parte das persoas que non pertencesen ao gremio. Esta xerga tamén era utilizada por músicos e por outros profesionais ambulantes, como follateiros ou paraugueiros ourensáns.

Hai unha serie de trazos básicos que caracterizan o barallete:

  • Abundan os substantivos que designan as ferramentas do seu oficio, obxectos de uso común, comidas e bebidas etc.
  • Moitos termos son construídos por derivación: Pilde significa cu; e pildares, nádegas; pildar, cagar; pildarse, cagarse (ou faltar á palabra); pildona, merdeira; pildatorio, cagadoiro; pildaría, merda, porcallada.
  • Os adxectivos, menos abundantes, expresan a calidade das cousas ou a pouca habilidade no oficio.
  • Os verbos, case todos da primeira conxugación, expresan maioritariamente accións desenvolvidas polos distintos oficios.

Breve vocabulario do barallete editar

  • abaixentar (baixar)
  • aforcar (deitar)
  • agustín (leite)
  • Ancha (Castela)
  • androlea (perna)
  • arreador (afiador)
  • Arrica (América)
  • arromanar (falar, fala-lo barallete)
  • bato (pai)
  • bazar na borra (cagar)
  • belbas (gardas, gardas civís)
  • belén (home)
  • belenas (mulleres)
  • Berria (Asturias)
  • bicudo (porco)
  • Biqueque (Portugal)
  • brote (pan)
  • cairolo (vello)
  • calmar (dar)
  • caneante (ambulante, camiñante, afiador)
  • canguelo (medo)
  • cantarin (chivato)
  • cantufar (contar, dicir)
  • carumela (cara)
  • cavaleira (ponte)
  • caxiga (crego)
  • caxoteo (baile)
  • chaira (terra)
  • A Chaira (a terra nativa dos afiadores, a súa comarca: Nogueira de Ramuín (Ourense)
  • chapela (cárcere)
  • chiscar (beber)
  • choulan (parvo)
  • cigota (puta)
  • coizo (vello)
  • Cuca (Cuba)
  • doco (can)
  • entervar (entender)
  • entrenar (prender, apresar)
  • esgueilar (fuxir)
  • fandiño (burro)
  • farela (mentira)
  • feirear (vender, comprar)
  • felar (morrer, matar. Felárono: matárono. Felou: morreu)
  • fosca (cama)
  • frete (frío)
  • froques (parvo)
  • Galleira (Galicia)
  • garabelo (fermoso)
  • guezos (rapaces)
  • gobernar (arranxar)
  • gobernador (afiador, ambulante; porque arranxa, goberna cousas)
  • grilar (foder)
  • guaina (casa)
  • irmuxo (irmán)
  • lapeta (ladrón)
  • lapetar (roubar)
  • largaña (abundante, longo)
  • lorda (merda)
  • lordeiro (merdán)
  • lourón (sol)
  • macaio (tabaco)
  • manchar (traballar)
  • margaritas (tetas, tamén teñen o nome de raigañas)
  • mireus (ollos)
  • moro (pobo, aldea)
  • mutilo (rapaces, criados, fillos, aprendices de afiador)
  • naceiro (afiador)
  • nexo (nada, non (como caso de resposta a unha pregunta))
  • oreta (auga, choiva, mexo)
  • oreto (caldo, viño)
  • picañeira (costureira, agulla de coser)
  • pildar (cagar)
  • pildón (cagán, covarde)
  • Queicoa (Deus, pero tamén outras variantes pouco precisas como son heroe, loitador, ser mítico, grande. Aos vellos afiadores, de moita sona e moitos camiños, á parte de "variles", chamámabanlles queicoas))
  • Queicoaña (A Virxe María)
  • queicoiña (anxo, inocente, neno)
  • rulo (rico)
  • sibes (si como resposta a unha pregunta)
  • sinado (señor, señorito)
  • sorchar (calar)
  • tarazana (roda de afiar. Tamén se lle chama tola e parafusa)
  • tarela (peseta)
  • tiaces (ti, vós)
  • tizar (comer)
  • tofe (cu)
  • tola (taberna)
  • trena (cadea)
  • troles (collóns)
  • varil (grande, forte, bo, o mellor)
  • violin (cando invita a comisión)
  • xil (fame)
  • xirar (pedir polas portas)
  • xotar (pegar)
  • xoula (pousada)
  • xoular (durmir)
  • zúa (lume)
  • zuros (diñeiro)

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para barallete.
  2. crtvg.es (ed.). "Nogueira de Ramuín prepara un libro sobre o barallete con máis de 1.400 palabras". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 9 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar