Baracoa, chamada tamén a Cidade Primada, é unha cidade situada na provincia de Guantánamo (Cuba).

Modelo:Xeografía políticaBaracoa
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 20°20′40″N 74°29′44″O / 20.34444, -74.49556Coordenadas: 20°20′40″N 74°29′44″O / 20.34444, -74.49556
País insularCuba
ProvinciasProvincia de Guantánamo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación78.056 (2022) Editar o valor em Wikidata (80,11 hab./km²)
Xeografía
Superficie974,36 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude710 m Editar o valor em Wikidata
Creación1511 (Gregoriano)Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal97310 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico21 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbaracoa.org Editar o valor em Wikidata
Unha cabana tradicional (bohío) taína nas montañas de Baracoa.

É o máis antigo asentamento da illa establecido polos colonizadores españois, de aí o seu alcume de Ciudad Primada.

En 1518 recibiu o título de cidade. Foi a primeira capital e o primeiro bispado da Illa.

Xeografía editar

O municipio esténdese sobre unha superficie de 976,6 km², e está situado na costa suroriental da illa, a unha altitude media de 5 msnm.

A súa poboación, no ano 2012, era de 82 000 habitantes, polo que a súa densidade nese ano era de 58,5 hab/km².

Os principais produtos da rexión son o coco, o cacao e o café, aínda que desde finais da década dos 90 do pasado século o turismo converteuse nunha das súas principais fontes de ingresos debido á súa extraordinaria beleza.

Declarada Monumento Nacional, a cidade está situada entre os ríos Macaguanigua e Miel. Entre os seus atractivos naturais encóntrase o río Toa, con numerosas fervenzas, sendo a máis coñecida El Saltadero, con 17 m de altura, a chamada Bella Durmiente, que vista desde lonxe semella unha moza deitada, e, sobre todo, a montaña do Yunque (bigornia), que debe o seu nome á similitude da mesma coa peza que usan os ferreiros.

 
Tibaracón e enseada (praia) do río Miel. Ao fondo, a elevación coñecida como El Yunque.

No Yunque, símbolo de Baracoa e declarado Monumento Nacional, desde o seu punto máis alto pódese ver a exuberante natureza da paisaxe baracoense, así como o seu litoral costeiro e a súa baía, resaltada por Cristovo Colón cando chegou por primeira vez á illa.[1]

Accesos á cidade editar

O acceso á cidade desde a capital provincial constitúe unha aventura, xa que hai que percorrer unha vía mou peculiar que serpentea entre as montañas e que leva o nome de Viaducto de la Farola. Esta estrada conta con 11 pontes levadizas e o seu punto máis elevado está no Alto de Cotilla, a máis de 600 m sobre o nivel do mar, onde se encontra un miradoiro desde o que se pode alcanzar a ver a costa Norte e a costa Sur e, segundo a lenda, as luces de Haití. Nesta mesma vía celébrase anualmente unha carreira de maratón.

O acceso desde o Oeste transcorre a través da estrada Holguín-Mayarí-Moa-Baracoa, consistente nunha estrtada asfaltada en 180 km até Moa e uns 16 km até Punta Gorda. O treito restante, duns 60 km é de terra, e cruza importantes ríos sobre pontes de formigón.

Cambios territoriais editar

El termo municipal modificou a súa xurisdición varias veces. Moitos dos actuais territorios de Moa pertenceron a Baracoa, e os nativos desta parte holguineira comparten costumes e trazos moi similares cos dos baracoenses.

Etimoloxía editar

Presúmese que o nome da cidade proveña dun vocábulo aborixe que significa "presenza do mar" en alusión ao ambiente mariño que contrasta coas montañas e os ríos da rexión, de gran beleza natural.

Historia editar

 
Diego Velázquez de Cuéllar.
1º Adelantado do Iucatán, conquistador de Cuba e 1º Tenente gobernador da Illa.
 
Casa de Diego Velázquez de Cuéllar en Santiago de Cuba.

A cidade foi fundada o 15 de agosto de 1511 co nome de Nuestra Señora de la Asunción de Baracoa (por ser fundada o día da festa da Asunción) polo conquistador español de Cuba Diego Velázquez de Cuéllar, que ostentaba entón o título de Adelantado do Iucatán.

É o máis antigo asentamento da illa establecido polos colonizadores españois, de aí o seu alcume de Ciudad Primada. En 1518 recibiu o nomeamento de cidade. Foi a primeira capital e o primeiro bispado da Illa.

O dominio español deixou as súas pogadas nas construcións da localidade, entre as que destacan as fortificacións de El Castillo e La Punta, e os torreóns de Joa e do Cemiterio.

Durante os XVI e XVII, ao estar incomunicada co resto da illa por terra, fixo que a súa escasa poboación comerciara de contrabando con franceses e ingleses.

A principios do século XIX instaláronse nela numerosos colonos franceses que fuxiron da revolución independentista de Haití, e que se dedicaron ao cultivo do café e do cacao, de aí a influencia francesa que existe na cidade, como tamén noutras partes da antiga provincia de Oriente.

En 1807 grazas aos avisos de Sebastián de Kindelán y O'Regan, gobernador de Santiago de Cuba, a cidade quedou a salvo de ser saqueada por corsarios ingleses procedentes das Bahamas, logrando rexeitalos.

A partir de mediados do século XIX, en que se intensifican os esforzos dos patriotas cubanos por lograr a independencia de Cuba, as costas foron escenario do desembarco de numerosas expediciones libertadoras.

En outubro de 1854 o xove matanceiro Francisco Estrampes, Juan Enrique Félix e dous estadounidenses desembarcaron duna goleta (coñecida hoxe como a Goleta de Honor) con armas de guerra para iniciar unha revolución. Pero foron sorprendidos por tropas españolas antes de que puideran recibir acuda, caendo prisioneiros e conducidos a La Habana, onde Estrampes foi executado o 31 de marzo de 1855.

Entre os primeiros baracoenses que se vincularon ao esforzo libertador debe mencionarse a Manuel Borges Navarro (1827-1869), que despois de terse dedicado á ensinanza con verdadeira vocación, implicouse na conspiración revolucionaria de López y Agüero e encarcerado por diio motivo. Máis tarde, en 1868 incorporouse ao movemento de Yara e foi apresado e asasinado pola escolta española que o conducía a Santiago de Cuba, en setembro de 1869.

En marzo de 1885 desembarcaron en Caleta (costa sur) o brigadier Limbano Sánchez e un grupo de patriotas; foron perseguidos e Sánchez e Ramón González morreron en combate; os outros foron feitos prisioneiros, salvando a vida soamente dous deles.

Iniciada xa a Guerra da Independencia, o 1 de abril de 1895, desembarcaron na praia de Duaba, moi cerca de onde o fixera a expedición da Goleta de Honor, algúns dos máis prestixiosos xefes cubanos, entre eles o xeneral Antonio Maceo e o seu irmán José Maceo, Flor Crombet, Agustín Cebreco, Silverio Sánchez e Patricio Corona. Poucos días despois, o 11 de abril, desembarcaron en Playitas o xeneral Máximo Gómez, o apóstol José Martí, Ángel Guerra, Paquito Borrero, Marcos del Rosario e César Salas, aos que se unen o día 14 o coronel baracoense Félix Ruenes e as súas tropas. Estas expedicións axudaron moito na loita poa independencia de Cuba, a cal finalmente se logrou, grazas á intervención estadounidense, cando, despois do tratado de París, que deixara a Illa baixo o control dos Estados Unidos, estes concedérona o 20 de maio de 1902.

 
A Cruz de la Parra.

Na cidade de Baracoa consérvase dentro dunha vitrina e cun pedestal de prata, a Cruz de la Parra, símbolo da cristiandade, que levara Cristovo Colón na súa primeira viaxe.

Nova diocese editar

A partir do 24 de xaneiro de 1998, a raíz da visita do papa Xoán Paulo II á illa de Cuba, Baracoa, xunto con Guantánamo, pasan a formar unha nova diocese que ten como bispo a monseñor Carlos Baladrón Valdés, que até entón exercía como bispo auxiliar da Habana.

Gastronomía editar

A gastronomía da rexión é moi peculiar, con pratos como o "bacán", confeccionado a base de plátano verde que se envolve en follas de plátano da mesma forma que o tamal de millo en follas.

Para os amantes dos doces a maior atracción é o cucurucho, unha especie de xelea de coco, laranxa e piña que se envasa nun cono feito de yaguas.[2]

A Baracoa chámana a Cidade do chocolate, por algo será.[3]

Aeroporto editar

O Gustavo Rizo és un pequeno aeroporto que opera usualmente só voos nacionais. Encóntrase localizado ao oeste da baía cerca do hotel Porto Santo e ao redor de 4 km ao NNW do centro da cidade (cruzando a boca da baía de Bolsa, está a poucos metros). Aínda que os voos até este lugar son pouco frecuentes actualmente, Cubana voa ocasionalmente desde Santiago de Cuba e Aerocaribe desde Cidade da Habana.

Cidades irmandadas editar

Notas editar

  1. 7 Baracoa, Guantánamo Arquivado 06-04-2019 en Wayback Machine. en Cuba.travel (en castelán).
  2. A yagua é un tecido fibroso que rodea a parte superior e máis tenra do tronco da palma real, do cal se desprende naturalmente todas as lunacións, e serve para varios usos, especialmente para envolver tabaco en rama.
  3. Como para chocolate.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar