Banesco Panamá é unha entidade bancaria que se estableceu en Panamá o 17 de novembro de 1992 baixo o nome de Banesco International Bank Inc. para operar baixo licenza internacional, como subsidiaria de Banesco Holding, o que lle permitía facer operacións bancarias nese país e no resto do mundo. En febreiro de 2007 foille autorizada pola Superintendencia de Bancos de Panamá a licenza xeral, podendo ofertar produtos e servizos ao mercado local.[1][2]

En outubro de 2007, logo de obter a licenza xeral, cambiou o seu nome polo de Banesco Panamá, S.A., e iniciou operacións inaugurando de forma simultánea sete sucursais na capital e no interior do país.

En 2008, a compañía estableceu Banesco Seguros Panamá, que é unha estrutura financeira totalmente autónoma (operativa e legalmente), que compite no mercado panameño e forma parte de Banesco Corporación Holding Hispania (do Grupo Banesco, establecido e conformado en España.

Hoxe en día conta con 18 sucursais a nivel nacional, máis de 22 caixeiros automáticos ou ATM.

Notas editar

  1. Banesco Panamá reabre sucursal en Zona Franca panameña
  2. "Americaeconomia". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar