Bandolera foi unha serie de televisión española ambientada na Andalucía do século XIX e producida por Diagonal TV para Antena 3. Foi estreada o luns 10 de xaneiro ás 22:00 horas en Antena 3,[1] para a partir do martes, ocupar a franxa da sobremesa, pasándose a emitirse ás 16.00h ata o 11 de xaneiro de 2013, cando se emitiu o último capítulo. A primeira tempada tivo 168 episodios e a segunda chegou aos 340.

Bandolera
FormatoDrama romántico
Creado porTirso Calero
Dirixido porJoan Noguera
País de orixeEspaña España
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Jaume Banacolocha e Joan Bas
Localización(s)Andalucía (s.XIX)
Duración70 min.
Emisión orixinal
Canle de orixeAntena 3
Primeiro episodio10 de xaneiro de 2011
Derradeiro episodio11 de xaneiro de 2013
Na rede
http://www.antena3.com/series/bandolera/
IMDB: tt1790024 Filmaffinity: 917042 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En agosto de 2012 varios portais de Internet deron a coñecer a noticia de que Antena 3 ía dar fin a Bandolera a principios de xaneiro de 2013. Isto debeuse a que a cadea comprou a serie Amar en tiempos revueltos de La 1, xa que a produtora Diagonal TV rompeu o contrato con esta, polo que Antena 3 decidiu non renovar a serie porque non había espazo suficiente para tres novelas na mesma cadea. Así, a serie finalizou as súas emisións o 11 de xaneiro de 2013 para dar paso a Amar es para siempre, continuación de Amar en tiempos revueltos.

Argumento editar

A serie baséase nos acontecementos ocorridos na localidade de Arazana na Andalucía da segunda metade do século XIX: os bandoleiros, o nacemento da Garda Civil (a súa fundación en 1844) e a aparición dos ideais anarquistas entre os oprimidos campesiños. Con todos estes ingredientes, 'Bandolera' intenta ofrecer un retrato do día a día de 1882.

O eixo vertebral de 'Bandoleira' é unha poderosa historia de amor imposible: a do Tenente Miguel Romero, Sara e Roberto (o líder dos xornaleiros do pobo). Ao redor, vanse desenvolvendo as historias da familia rica do pobo -os Montoro-, en contraste coa pobre, os Pérez.

Os personaxes que viven na vila debuxan o marco desta serie. As súas vivencias diarias, persoais e cotiás porán un punto de acidez ás historias de amor, de caciquismo e de rebelión. E ao fondo de todos eles, unha partida de bandoleiros dispostos a loitar pola súa supervivencia da forma que mellor saben, asaltando a aqueles que atravesen os seus camiños.

Repartimento editar

  • Marta Hazas, como Sara Reeves, unha estudante de Literatura Hispánica de Oxford.
  • Carles Francino, como Miguel Romero, gardia civil.
  • Isak Ferriz, como Roberto Pérez, irmán máis vello da familia Pérez e líder dos xornaleiros.
  • Pep Munné, como Don Germán, patriarca dos Montoro.
  • Laura Ramos, como Martina Castro, noiva de Don Germán.
  • Ivan Hermes, como Álvaro Montoro, irmán máis vello dos Montoro.
  • Sara Rivero, como Eugenia Montoro, irmá máis nova dos Montoro.
  • Pastora Vega, como Carmen Saura, nai dos Pérez e traballadora nas terras dos Montoro.
  • Manuel Galiana, como Cosme Saura, pai de Carmen.
  • Aníbal Soto, como Tomás Pérez, pai dos Pérez.
  • Adrián Salcedo, como Juanito Pérez, irmán máis novo dos Pérez.

Premios e nomeamentos editar

Premios TP de Ouro

Ano Categoría Premiado Resultado
2011 Mellor telenovela ou serial Bandolera Nomeada

Unión de Actores

Ano Categoría Premiado Resultado
2011 Mellor actor secundario de televisión Tomás del Estal Nomeado

Notas editar

  1. Formulatv.com. "'Bandolera' estréase o próximo luns en prime time". Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar