Bandeira de Somalilandia

A bandeira de Somalilandia foi adoptada o 14 de outubro de 1996. Está composta por tres franxas horizontais de igual tamaño en cores verde, branco e vermello. Sobre a franxa verde está escrito en árabe a shahada (Non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o seu Profeta) e sobre a branca hai unha estrela negra.

Bandeira de Somalilandia
Bandeira de Somalilandia
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción14 de outubro de 1996
Cores     Verde     Branco     Vermello     Negro

Cada cor ten un significado: o verde significa prosperidade, o branco a paz e o vermello os heroes caídos pola liberdade do seu pobo, mentres que a shahada representa o islam. A estrela negra representa o desexo de unificar os cinco pobos somalís: Somalilandia, Somalia, a provincia de Ogaden en Etiopía, Djibuti e parte do norte de Kenya.

Previamente, outra bandeira foi usada ata 1996, consistente nun campo branco cun disco central de cor verde arredor do cal estaba escrita a shahada.

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar