Bandeira de Paquistán

A bandeira de Paquistán (en urdú: پاکستان کا قومی پرچم) foi deseñada por Muhammad Ali Jinnah, baseada na bandeira orixinal da Liga Musulmá. Foi adoptada pola Asemblea Constituínte o 11 de agosto de 1947, xusto días antes da independencia. A bandeira é chamada no himno nacional Parcham-e-Sitāra-o-Hilāl, en urdú literalmente: Bandeira do Crecente e da Estrela.

Bandeira de Paquistán
Bandeira de Paquistán
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción11 de agosto de 1947
Cores     Branco     Verde

Deseño editar

A bandeira consiste dun campo verde escuro, representando a maioría musulmá do país, cunha faixa branca no lado do mastro, representando as minorías relixiosas. No centro, hai unha lúa crecente branca, representando progreso, e unha estrela de cinco puntas, representando luz e coñecemento. A bandeira simboliza o compromiso paquistaní co islam, o mundo islámico e os dereitos das minorías relixiosas. É alzada varios días importantes do ano, incluíndo o 23 de marzo (Día da República) e o 14 de agosto (Día da Independencia).

 
Construción da bandeira.

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar