Bandeira de Camboxa

A bandeira de Camboxa (ទង់ជាតិកម្ពុជា) foi adoptada oficialmente o 23 de setembro de 1993, cando foi restablecida a monarquía dese país. A bandeira está formada por tres franxas horizontais sendo a central, de cor vermella, o dobre de ancha que as outras dúas de cor azul. No centro da franxa vermella sitúase unha representación en cor branca da entrada principal ao templo de Angkor Wat con tres torres.

Bandeira de Camboxa
Bandeira de Camboxa
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción23 de setembro de 1993
Cores     Azul     Vermello     Branco

Historia editar

A primeira bandeira de Camboxa como tal remóntase á época do dominio francés sobre Indochina. O reino de Camboxa mantívose como un protectorado desde 1863 e a bandeira utilizada foi similar á actual, só que no canto de franxas superiores e inferiores en azul, existía un bordo do mesmo ton.

En 1942, o Imperio do Xapón ocupou o territorio de Indochina durante a segunda guerra mundial coa aprobación da Francia de Vichy. Até 1945, utilizouse unha bandeira de fondo vermello con catro cadrados de cor branca situados nas esquinas do bordo dun cadrado no centro da bandeira, de igual cor. En 1945, coa derrota xaponesa, os franceses retomaron a administración de Camboxa, pero o país comezara a esixir maiores graos de autonomía. En 1948, o país declarouse independente e adoptou a bandeira usada na actualidade.

En 1970, un golpe de estado liderado por Lon Nol derrubou ao rei Norodom Sihanouk e estableceuse a República Jemer, que adoptou unha nova bandeira, o 9 de outubro dese ano. O debuxo de Angkor Wat e o fondo vermello foron trasladados ao cantón sobre fondo azul e na esquina dereita superior colocáronse tres estrelas. Con todo, o goberno non sería recoñecido e as Nacións Unidas utilizarían o antigo emblema.

A guerra civil camboxana continuaría e Pol Pot derrotaría en 1975 á República Khemer. En 1975, os Khemeres Vermellos controlaron gran parte do país e declararon a Kampuchea Democrática. A nova bandeira adoptada agora sería completamente vermella e cun sinxelo debuxo de Angkor Wat en amarelo. Cando os disidentes de Pol Pot con apoio vietnamita controlasen o país en 1979 e establecesen a República Democrática de Kampuchea, a bandeira sería modificada dando máis detalles ao debuxo de Angkor Wat e agregándolle dúas torres secundarias.

O 1 de maio de 1989, no marco do proceso de paz, o nome do país cambiou ao de Estado de Camboxa, realizáronse eleccións democráticas e instaurouse unha nova bandeira, de fondo bicolor vermello e azul. O deseño detallado de Angkor Wat da bandeira monárquica foi retomado, con cinco torres e en cor amarela. Cando se instalou a Autoridade Transitoria das Nacións Unidas (UNTAC) en 1991, a bandeira utilizada era de cor celeste como a bandeira da ONU cun mapa de Camboxa en branco e sobre el, o nome de Camboxa en lingua khmer. En 1993, restableceuse a monarquía e se adoptou de novo o emblema de 1949.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar