Bandeira de Brunei

A bandeira de Brunei (en malaio: Bendera Brunei) foi adoptada en 1940 cando o país era un protectorado británico, e foi mantida cando o país obtivo a súa plena independencia o 1 de xaneiro de 1984 como Brunei Darussalam (Estado de Brunei, Morada da Paz).

Bandeira de Brunei
Bandeira de Brunei
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1940
Cores     Amarelo     Vermello     Branco     Negro

Descrición editar

A bandeira ten o Escudo de Armas de Brunei no centro sobre un campo amarelo. O campo está cortado por dúas raias diagonais, unha branca e outra negra. O escudo de armas é o seguinte unha media lúa (símbolo do islam) xunto cun paraugas (que simboliza a monarquía), e dúas luvas en ambos lados. Por baixo da media lúa hai unha cinta. Na media lúa e na cinta hai inscricións en árabe que din: "Estado de Brunei, Morada da paz" e o lema de Brunei "sempre en servizo coa guía de Deus".

No sueste asiático, o amarelo é tradicionalmente a cor da realeza, así os pavillóns reais de Malaisia e Tailandia, xunto coa bandeira presidencial de Indonesia conteñen un campo amarelo. As raias branca e Negra representan aos ministros principais de Brunei, representando o amarelo ao sultán. O escudo nacional foi colocado no centro en 1940. Unha versión semellante sen o escudo de armas, foi utilizado por primeira vez en 1900. O escudo leva unha media lúa simbólica da fe islámica, e o mastro central é un símbolo do estado. A bandeira e o paraugas son símbolos da realeza, e as mans voltas cara a arriba significa a benevolencia do goberno.

Bandeiras históricas editar

Outras bandeiras editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar