Bandeira das Illas Caimán

A bandeira das Illas Caimán é un dos símbolos oficiais das Illas Caimán, un dos Territorios Británicos de Ultramar. Consiste nun estandarte azul co escudo das Illas Caimán. Adoptada en 1959 para complementar a Union Jack e para substituír a bandeira da Colonia de Xamaica, foi a bandeira das Illas Caimán dende que ese ano se lle concedeu o autogoberno ao territorio. O deseño da bandeira actual supuxo a eliminación do disco branco e o contorno do escudo de armas cun adorno branco, aínda que a versión anterior adoita utilizarse a título oficial. A bandeira das Illas Caimán é semellante ás bandeiras doutros oito Territorios Británicos de Ultramar, que tamén teñen o estandarte azul cos seus respectivos escudos.

Bandeira das Illas Caimán
Bandeira das Illas Caimán
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción1999
Cores     Vermello      Branco      Azul

Variantes editar

O estandarte do gobernador do territorio presenta a Union Jack co escudo territorial no centro. A bandeira civil (para buques mercantes) ten un deseño case idéntico ao da bandeira territorial, pero usa unha bandeira vermella no seu lugar.[1]

Variantes da bandeira das Illas Caimán
Variante Uso
  Estandarte do Gobernador das Illas Caimán[1]
  Estandarte civil[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Smith, Whitney (27 de xullo de 2011). "Flag of Cayman Islands". Encyclopædia Britannica. Encyclopedia Britannica, Inc. Consultado o 4 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar