Bandeira da Nación Navajo

A bandeira da Nación Navajo é bandeira oficial da Nación Navajo, un terrritorio nativo americano que se atopa nas catro esquinas dos estados de Arizona, Novo México e Utah.[1]

Bandeira da Nación Navajo
Bandeira da Nación Navajo
Características
Uso
Proporción10:19
Adopción21 de maio de 1968
Cores     Area     Vermello     Amarelo     Azul     Negro     Marrón      Marrón escuro     Branco     Verde

Historia editar

 
A bandeira navajo ondeando.

O 21 de maio de 1968, a bandeira foi adoptada pola Nación Navajo, unha reserva india do Suroeste dos Estados Unidos. Esta bandeira foi deseñada por Jay R. Degroat, un estudante de Mariano Lake, Novo México e foi escollida entre 140 propostas. Incorpora elementos do selo tribal deseñado por John Claw, Jr. e adoptado o 18 de xaneiro de 1952.

Notas editar

  1. "Navajo Nation Government | Seal & Flag". dine.sanjuan.k12.ut.us. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2015. Consultado o 21 de maio de 2015.