Unha bandada, bandado ou bando,[2] é un grupo de aves, en xeral da mesma especie, aída que non necesariamente, que actúan de modo homoxéneo mentres voan ou se alimentan.

O quelea común, a ave máis numerosa do mundo,[1] se agrupa en enormes bandadas de en ocasiónes decenas de miles de exemplares
Ánsares nivais (Anser caerulescens) agrupados en bandadas migratorias.

Este termo é similar ao concepto de manda entre os mamíferos.

Etoloxía editar

Os beneficios de asociárense en bandadas son variados, e cada bandada fórmase para un propósito específico. Ser parte dunha bandada tamén ten custos, sobre todo para as aves subordinadas socialmente, que son sometidas polas dominantes; e tamén en ocasións se sacrifica certa eficiencia á hora de alimentarse.[3]

Os principais beneficios son a seguridade que produce un gran número de exemplares, e un aumento, polo xeral, da eficiencia na busca de alimentos. E defensa contra os depredadores é especialmente importante en hábitats pechados, como os bosques, onde a táctica da emboscada é moi común, e unha gran cantidade de ollos contribúen a un bo sistema de alerta rápida. Isto levou ao desenvolrmento de bandadas compostas por pequenos números de moitas especies diferentes e unidas para a alimentación; estas bandadas aumentan a seguridade e reducen a competencia potencial polos recursos, en comparación coas bandadas monoespecíficas.[4]

Bandadas de gran tamaño editar

  • Os estorniños pintos (Sturnus vulgaris) cóntanse entre as aves que forman as maiores bandadas. En Dinamarca, cada dous anos, prodúcese un fenómeno coñecido como sol negro (en danés: Sort sol), no que se reúnen gran número de estorniños, creando complexas formas contra o ceo.[5]

Notas editar

  1. Sekercioglu, Cagan Hakki (2006). "Foreword". En Josep del Hoyo, Andrew Elliott & David Christie (eds.). Handbook of the Birds of the World, Volum 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Barcelona: Lynx Edicions. p. 48. ISBN 84-96553-06-X. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bandada.
  3. Hutto, Richard L. (1988). "Foraging Behavior Patterns Suggest a Possible Cost Associated with Participation in Mixed-Species Bird Flocks". Oikos 51 (1): 79–83. 
  4. Terborgh, John (2005). "Mixed flocks and polyspecific associations: Costs and benefits of mixed groups to birds and monkeys". American Journal of Primatology 21 (2): 87–100. 
  5. "Black Sun in Denmark". Earth Science Picture of the Day. 19 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 2 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar