Balanza de pagamentos

O balance ou balanza de pagamentos é un documento contable no que se rexistran, de xeito sistemático, as operacións comerciais, de servizos e de movementos de capitais levadas a cabo polos residentes nun país co resto do mundo durante un período determinado, normalmente un ano.

Características editar

A balanza de pagamentos fornece información detallada sobre todas as transaccións entre residentes e non residentes.

As transaccións rexistradas na balanza de pagamentos aparecen agrupadas en diferentes sub-balanzas, de acordo co carácter que teñan. A diferenza entre ingresos e pagos dunha determinada sub-balanza denomínase saldo da mesma. O saldo final da balanza de pagamentoss no seu conxunto dependerá do réxime de tipo de cambio da economía. No caso dun sistema de flotación limpa a balanza de pagamento sempre está equilibrada, isto é, ten saldo cero. En cambio, cando a economía réxese por un tipo de cambio fixo, o saldo é equivalente ao cambio nas reservas netas do Banco Central.

A estrutura e as directrices para a elaboración da balanza de pagamento plásmanse no Quinto Manual de Balanzas de Pagamentos do Fondo Monetario Internacional (FMI).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.