Bahrain

país do Medio Oriente

Bahrain[1] (en árabe: البحرين; al-Baḥrayn), tamén coñecido como o Reino de Bahrain (en árabe: مملكة البحرين Mamlakat al-Baḥrayn), é un país do Oriente Medio. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e 50 illas naturais e 33 illas artificiais adicionais, centradas na illa de Bahrain que representa ao redor do 83 por cento da masa terrestre do país. Está situado no Golfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas con Qatar polo sur e o leste; e con Arabia Saudita polo oeste e o noroeste, unidos pola Ponte do Rei Fahd.

Modelo:Xeografía políticaBahrain
Imaxe

HimnoBahrainona Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 26°04′03″N 50°33′04″L / 26.0675, 50.55111Coordenadas: 26°04′03″N 50°33′04″L / 26.0675, 50.55111
CapitalManama Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.311.134 (2014) Editar o valor em Wikidata (1.667,05 hab./km²)
Lingua oficialárabe Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie786,5 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMountain of Smoke (en) Traducir (134 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo Pérsico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación14 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
xullo de 1559Cerco do Barém (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor em Wikidata
• Monarch of Bahrain (en) Traducir Editar o valor em WikidataHamad ibn Isa Al Khalifa (1999–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataSalman bin Hamad bin Isa Al Khalifa (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento do Barein (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal39.303.403.989 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedadinar bareinita (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bh Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+973 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999 e 112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísBH Editar o valor em Wikidata

Segundo o censo de 2020, a poboación do país ascende a 1.501.635 habitantes, dos cales 712.362 son nacionais de Bahrein.[2] Bahrain abarca uns 760 kilometros cadrados (290 sq mi),[3] e é a terceira nación máis pequena de Asia despois das Maldivas e Singapur..[4] A capital e cidade máis grande é Manama.

Bahrain é o lugar da antiga civilización de Dilmun.[5] Foi famoso dende a antigüidade polas súas pescarías de perlas, que foron consideradas as mellores do mundo no século XIX.{{sfnp|EB|1878} } Bahrain foi unha das áreas máis antigas en ser influenciada polo islam, durante a vida de Mahoma no 628 d.C. Tras un período de dominio árabe, Bahrain foi gobernado polo Imperio Portugués desde 1521 ata 1602, cando foron expulsados ​​polo Xa Abás I o Grande da dinastía safávida. En 1783, o clan Bani Utbah capturou Bahrain a Nasr Al-Madhkur e desde entón foi gobernado pola familia real Al Khalifa, con Ahmed al Fateh como o primeiro hakim de Bahrain.

A finais do século XIX, tras sucesivos tratados cos británicos, Bahrain converteuse nun protectorado do Reino Unido.[6] En 1971, declarou a independencia. Antigamente un emirato, Bahrain foi declarado monarquía constitucional islámica en 2002. En 2011, o país experimentou as protestas inspiradas na primavera árabe rexional.[7] A familia real musulmán sunita Al Khalifa gobernante de Bahrain foi criticada por violar os dereitos humanos da xente que inclúen disidentes, figuras da oposición política e a súa maioritaria poboación musulmá chiíta.[8]

Bahrain desenvolveu a primeira economía posterior ao petróleo no Golfo Pérsico,[9] o resultado de décadas de investimento nos sectores bancario e turismo,[10] moitas das maiores institucións financeiras do mundo teñen presenza na capital do país. En consecuencia, ocupa o posto 42 no Índice de Desenvolvemento Humano e é recoñecido polo Banco Mundial como unha economía de altos ingresos. Bahrain é membro das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Organización de Cooperación Islámica e do Consello de Cooperación do Golfo.[11]

O nome árabe do país, Mamlakat al-Bahrayn, significa literalmente «reino dos dous mares».

Historia editar

Bahrain foi poboado desde tempos prehistóricos. A súa estratéxica posición no Golfo Pérsico fixo que fose controlada e influenciada polos asirios, babilonios, gregos, persas e finalmente polos árabes, na que a illa converteuse ao islam. Bahréin foi coñecida en tempos antigos como Dilmun, Tylos (nome dado polos gregos), Awal ou Mishmahig cando foi parte do Imperio Persa.

As illas foron nun principio refuxio dos musulmáns garmatas, sendo ocupadas por Portugal en 1507. No período de 1602 a 1783 pasaron a estar baixo a dependencia de Persia como un territorio cun goberno ocasional. En 1783 é gobernada pola dinastía árabe dos al Khalifa xa como un jecato independente separado de Persia. Debido ás pretensións de Persia de recapturar as illas, someteuse en 1861 baixo protectarado británico, a cambio de protección e foi ratificado segundo os Tratados de 1880, 1892 e 1913. Aínda así Irán reivindicou para si a posesión do arquipélago, aínda que renunciou ás súas pretensións en 1970 e en 1980.

En 1932 comézase a escavar pétroleo na zona. Na década de 1950 comezan a xurdir movementos de reivindicación nacionalista que reclamaban a independencia.

En 1968 Bahrain integrouse na Federación dos Emiratos Árabes, aínda que tres anos despois decidiu independizarse, 14 de agosto de 1971, manténdose á dinastía dos al Khalifa á fronte do Estado, e o xeque asume o título de emir. Ese mesmo mes asinouse un tratado de amizade con Gran Bretaña que retirou as súas tropas da rexión e en decembro asinouse un novo tratado cos Estados Unidos de forma que a mariña americana obtivo permiso paxra instalarse na base naval de al-Jufayr.

En xuño de 1973 promulgouse unha nova constitución que deu lugar á elección do primeiro parlamento democrático elixido por sufraxio universal no mes de decembro. Pero, tras saltar un conflito entre a asemblea e o Emir Isa bin Sulman al Khalifa xusto un ano despois, disolveuse a asemblea nacional e procedeuse á detención de varias decenas de membros da oposición. A constitución foi suspendida e todos os poderes foron asumidos polo Emir Isa bin Sulman al Khalifa.

En 1977 Estados Unidos evacuou a base naval de al-Jufayr. A revolución iraniana repercutiu no país na década dos 80 debido ao efecto que producía un poder sunnita sobre unha poboación maioritariamente chiíta, como consecuencia deste feito, en 1981 créase o clandestino Fronte para a Liberación Nacional e Irán reivindica, de novo, algunhas das illas do emirato. Bahrain asinará entón un acordo de defensa con Arabia Saudita e entrará a formar parte do Consello de Cooperación do Golfo. En 1983 permitiuse a formación da organización parasindical dos Traballadores do Petróleo.

Na década de 1990 creceu a presión por reformas políticas, con protestas durante 1994 e 1995, á súa vez en 1996 o goberno deteiene a 29 persoas acusándoas de estar implicados nun complot para derrocar a monarquía e instaurar unha república islámica acusando a Irán desta conspiración.

En 1999 o Emir Isa bin Sulman al Khalifa morre e o seu fillo Hamad bin Isa al Khalifa herda o trono. No 2002 o Emir asume o trono como Rei.

Goberno e política editar

Bahrain é unha monarquía hereditaria baixo o mandato da familia Al Khalifa. O Rei de Bahrain é o xefe de Estado e o Primeiro Ministro é xefe do goberno. Ambos os postos están ocupados por membros da familia Al Khalifa, sendo o rei Hamad bin Isa Al Khalifa e o Primeiro Ministro, o seu fillo Salman bin Hamad Al Khalifa. Ambos gobernan baixo a consulta dos seus ministros. O sistema xudicial é relativamente independente do goberno e baséase en diversas fontes legais, incluíndo a Lei Islámica sunnita e xiíta. O novo rei está traballando para impor dereitos civís e incrementar as reformas democráticas. Celebráronse eleccións municipais no 2002 e eleccións lexislativas no 2004. O Rei Hamad ten tamén intencións de crear unha cámara lexislativa composto por delegados elixidos conformado de homes e mulleres.

Poetas árabes editar

Ali Al Jallawi

Organización político-administrativa editar

Gobernacións editar

Artigo principal: Gobernacións de Bahrain.

O primeiro municipio de Bahrain foi o municipio de Manama de oito membros que foi establecido en xullo de 1919.[12] Os membros do municipio eran elixidos anualmente, dicíase que o municipio foi o primeiro municipio establecido no mundo árabe.[12] O municipio encargábase de limpar estradas e alugar edificios a arrendatarios e tendas. En 1929, acometeu ampliacións de estradas, así como a apertura de mercados e matadoiros.[12] En 1958, o municipio iniciou proxectos de depuración de augas. Bahrein xa comprendía catro municipios: Manama, Hidd, Al Muharraq e Riffa.[13] Durante os seguintes 30 anos, os catro municipios dividíronse en 12 municipios a medida que crecian asentamentos como Hamad Town e Isa Town.[13] Estes municipios eran administrados desde Manama baixo un consello municipal central cuxos membros eran nomeados polo rei.[14]

As primeiras eleccións municipais que se celebraron en Bahrein despois da independencia en 1971 foron en 2002.[15] A máis recente foi en 2010. A continuación móstranse os concellos:

Mapa Antigos municipios
  1. Al Hidd
2. Manama
3. Western Region
4. Central Region
5. Northern Region
6. Muharraq
7. Rifa e Southern Region
8. Jidd Haffs
9. Hamad Town (non mostrado)
10. Isa Town
11. Hawar Islands
12. Sitra

Despois do 3 de xullo de 2002, Bahrein dividiuse en cinco gobernacións administrativas, cada unha das cales ten o seu propio gobernador.[16] Estas gobernacións son:

Mapa Antigas gobernacións
  1. Gobernación da capital
2. Gobernación Central
3. Gobernación de Muharraq
4. Gobernación Norte
5. Gobernación Sur

A Gobernación Central foi abolida en setembro de 2014, o seu territorio dividido entre a Gobernación do Norte, Gobernación do Sur e Gobernación da Capital.[17]

Mapa Gobernacións actuais
  1Gobernación da capital
2Gobernación de Muharraq
3Gobernación Norte
4Gobernación Sur

Xeografía editar

Bahréin é un emirato da costa oriental da península Arábiga, no golfo Pérsico situado entre os paralelos 25º 32" e 26º 20" de latitude Norte e os meridianos 50º 20" e 50º 50" de lonxitude Este.

Está constituído por un arquipélago de 33 illas, das cales as principais son: a illa de Bahrain, onde se atopa a capital, Manama, cun tamaño de 48 km de norte para Sur e 16 km de leste para oeste supondo o 85% da superficie total do estado; e a próxima illa de Muharraq (de 18 km²) unida á anterior por unha estrada elevada sobre un dique fronte a Manama.

Outras illas de menor importancia son as illas Hawar con 50 km², fronte á costa de Qatar; a deserta illa de Umm Na'san (na costa occidental de Bahréin), con 19 km², unida coa illa de Bahréin e Arabia Saudita coa Calzada do Rei Fahd; e a illa de Sitra de 10 km² situada na costa oriental onde se concentra unha importante industria, a illa está conectada por unha estrada elevada á illa de Bahréin.

Bahréin non ten accidentes de importancia exceptuando o Jabal ad-Dukhan ou Montaña de Fume (polo aspecto que presenta os días quentes e húmidos). Este pico é a maior altitude do arquipélago con 137 m de altura, e está situado no centro da illa de Bahréin. Bahréin atópase no golfo pérsico.

Só as terras ao norte e noroeste desta montaña son aproveitables para a agricultura de datileras e hortos, grazas á utilización de pozos artesianos, mananciais e plantas desalinizadoras. O resto de terras, ao sur, leste e oeste dela, son desérticas con algúns pequenos pantanos.

En canto ao clima, os invernos poden considerarse fríos con choivas dispersas (74 mm/ano), duran de decembro a febreiro e o clima vese influenciado por sistemas de baixas presións do Mediterráneo que viaxan cara ao leste polo golfo. Os veráns son quentes e con gran humidade con temperaturas entre 38 e 42°C e humidades relativas entre o 67 e o 82%.

 
Vista lateral de Bahréin desde o espazo

Economía editar

Artigo principal: Economía de Bahrain.

A economía de Bahréin está baseada fundamentalmente no petróleo. En 1932 comezou a explotarse o primeiro pozo de petróleo da rexión, que aínda que é de tamaño modesto, a produción anual descendeu por baixo das 3 Mt, permitiu a modernización do estado.

No entanto, existen importantes reservas de gas natural (180.000 millóns de m³) e outro tipo de actividades industriais: refinaría de petróleo de 12 Mt de capacidade que procesa petróleo do Sudán; fundición de aluminio (120.000 t/ano) que importa o mineral de bauxita de ultramar, e fábricas de cemento.

En canto outro tipo de actividades do sector servizos, pódese dicir que estas cada vez teñen unha maior repercusión na economía do arquipélago, debido ao papel de praza financeira internacional de grande actividade que é Bahréin. É sede de numerosos bancos, dispón de zona franca e desenvolveu unha importante infraestrutura portuaria e de comunicacións por estrada.

A pesar de todo isto a renda media é a máis baixa de todos os pequenos estados petroleiros do golfo Pérsico.

 
Manama, a opulenta capital de Bahrein.

Demografía editar

 
Evolución da poboación entre 1960 e 2010 (cifras da DAES, 2012). Poboación en miles de habitantes.

Ao ano 2007, Bahrein ten unha poboación de 708.500 habitantes. O 62.4% naceu neste país e o restante 37.6% son inmigrantes na súa maioría africanos e asiáticos. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 74 anos. O 89.1% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.57.

A relixión oficial de Bahréin é o islam, cunha poboación composta maioritariamente por xiítas e sunnitas, pero hai pequenas minorías xudías e cristiás. Moitos bahreníes son de orixe árabe, aínda que algunhas tribos son de orixe persa ("Bahaareyneh-gaan").

As comunidades actuais poden ser clasificadas como os Al Khalifa, tribos árabes aliadas á familia Al-Khalifa, os Baharnah (árabes xiítas), os Howilla (árabes sunnitas de Persia), árabes sunnitas (de Arabia), Ajam (xiítas persas), hindús que foron traídos a Bahréin en éraa do petróleo (son chamados Banyan) e unha pequena comunidade xudía, entre outros grupos.

Festas editar

Data Nome en castelán Nome local Notas
1 de xaneiro Ano Novo
16 de decembro Día Nacional
17 de decembro Día do Ascenso
variado Festa do Sacrificio ou Gran Festa Eid ul-Adha Conmemora a disposición de Abraham de sacrificar ao seu fillo, ocorre ao final do mes de hajj
variado Pequena Festa Eid ul-Fitr Conmemora o fin do Ramadán
variado Ano Novo Islámico Muharram
variado Al-Isra' ul-Miraj Conmemora o ascenso de Mahoma ao ceo
variado Aniversario do Profeta Mahoma Mawlid al-Nabi
variado Ashura Ashura Morte do imán Husain Ao Shaheed (xiíta)

A Bahrain adóitaselle describir como o "Oriente Medio Lixeiro": un país que mestura unha infraestrutura dunha modernidade extrema cunha identidade definitivamente persa, só que a diferenza doutras nacións da zona, a súa riqueza non é só un reflexo da magnitude da súa riqueza petrolífera, senón que está unida tamén á creación dunha poboación indíxena de clase media. Este feito único diferenciador do Golfo Pérsico tradúcese en que Bahrain tende a ser máis liberal en xeral que os seus veciños. Aínda que o islam é a relixión maioritaria, os bahreiníes destacan pola súa tolerancia, o que fai posible ver mesquitas xunto a igrexas, un templo hindú, unha Gurudwara Sikh e unha sinagoga xudía. Este país converteuse en lugar de acollida para diversas comunidades vítima da persecución noutros lugares.

Agora resulta habitual atopar seminarios sobre temas que antes eran insólitos, como problemas maritales e sexo e abuso infantil. Outra nova faceta de que ilustra o status bahreiní en canto a apertura ten que ver con que é o país máis prolífico en canto á publicación de libros dentro do mundo árabe, con 132 títulos publicados en 2005 para unha poboación de 700.000. En comparación, a media do total da comunidade árabe é de sete libros publicados por cada millón de habitantes en 2005, segundo o Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento.

Algunhas celebridades vinculadas ao reino inclúen aos cantantes Michael Jackson, Shakira e ao piloto británico de Fórmula 1 Jenson Button, con propiedades alí.

Mapas e imaxes editar

Notas editar

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Bahrain 
  2. "Bahrain 2020 Census". Information and eGovernment Authority. 28 de febreiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2021. Consultado o 5 de abril de 2021. 
  3. "Bahrain – the World Factbook". 19 de outubro de 2021. 
  4. "Area of Bahrain Expands to 765.3 square kilometres". Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  5. Oman: The Lost Land Arquivado 6 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Saudi Aramco World. Consultado o 7 de novembro de 2016.
  6. "The history of British involvement in Bahrain's internal security". openDemocracy (en inglés). Consultado o 7 de xulo de 2021. 
  7. "Bahrain says ban on protests in response to rising violence". CNN. 1 de novembro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2012. 
  8. "How Bahrain uses sport to whitewash a legacy of torture and human rights abuses | David Conn | Sport". The Guardian. Consultado o 19 de xullo de 2018. 
  9. "Bahrain: Reform-Promise and Reality" (PDF). J.E. Peterson. p. 157. 
  10. "Bahrain's economy praised for diversity and sustainability". Bahrain Economic Development Board. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2010. Consultado o 24 de xuño de 2012. 
  11. "Bahrain". IMUNA | NHSMUN | Model UN (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2021. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "History of Municipalities". Ministry of Municipalities Affairs and Urban Planning – Kingdom of Bahrain. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2012. Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  13. 13,0 13,1 "Governorates of Bahrain". Statoids. Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  14. "Bahrain Government". Permanent Mission of the Kingdom of Bahrain to the United Nations. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2012. Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  15. "Three Polls, Three Different Approaches". The Estimate. 17 de maio de 2002. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  16. "Decree No.17 for 2002" (PDF). Capital Governorate. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 8 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2012. 
  17. "Central Governorate dissolved". Gulf Daily News. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 15 de setembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar