Bad Hersfeld é unha pequena cidade, a capital do distrito de Hersfeld-Rotenburg, ao leste do Land de Hesse, Alemaña.

Modelo:Xeografía políticaBad Hersfeld
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°52′06″N 9°42′24″L / 50.8683, 9.7067Coordenadas: 50°52′06″N 9°42′24″L / 50.8683, 9.7067
EstadoAlemaña
Estado federadoHessen
RegierungsbezirkRexión de Kassel
Rural district of Hesse (en) TraducirDistrito de Hersfeld-Rotenburg Editar o valor em Wikidata
Capital de
Hersfeld (en) Traducir (1821–1972)
Distrito de Hersfeld-Rotenburg (1972–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación30.652 (2022) Editar o valor em Wikidata (414,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie73,87 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude212 m Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoThomas Fehling (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal36251 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico06621 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña066320002002 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán06632002 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbad-hersfeld.de Editar o valor em Wikidata

Situada á beiras do río Fulda, é famosa polo seu balneario e o seu festival de música clásica, o Bad Hersfelder Festspiele, que se realiza todos os veráns desde 1951, e polo que a cidade é coñecida como a Salzburgo do norte.

Outra festa famosa na cidade é a Lullusfest, que de celebra o 16 de outubro, en memoria da morte de San Lulo de Hersfeld (710-786) , que foi o primeiro arcebispo permanente de Maguncia e o primeiro abade da abadía de Hersfeld, e que é a festividade local máis antiga do mundo xermanófono.

Bad Hersfeld é ademais famosa por posuír as maiores ruínas dunha igrexa de estilo románico de Europa, a igrexa da citada abadía.

Xeografía editar

 
Ruínas da igrexa románica

Situada a 212 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 73,82 km².

Segundo o censo do 31 de decembro de 2021 contaba con 30 101 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 407 hab./km2.

A cidade atópase na depresión de Hersfeld, que está formada pola confluencia dos ríos Fulda e Haune.

O centro da cidade está na marxe esquerda do Fulda.

Na cidade, o río Geisbach desemboca no Fulda e inmediatamente debaixo da cidade, na marxe dereita, o río Solz.

O punto máis baixo do concello está a 195 m sobre o nivel do mar, na desembocadura do Solz no Fulda, e o punto máis alto está a 408 m sobre o nivel do mar.

As cidades importantes máis próximas a Bad Hersfeld son Kassel, a 52 km ao norte, Gießen, a 79 km ao suroeste.

Galería editar

Notas editar

  1. Hessisches Statistisches Landesamt: Bevölkerung in Hessen am 31.12.2021 nach Gemeinden (Landkreise und kreisfreie Städte sowie Gemeinden, Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011. Bad Hersfeld).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar