Bacterioclorofila

composto químico

As bacterioclorofilas son pigmentos fotosintéticos que presentan varios tipos de bacterias fototróficas. Presentan aneis de clorina ou bacterioclorina con diversos substituíntes. Foron descubertas por C. B. van Niel en 1932. Están relacionadas coas clorofilas, que son os principais pigmentos fotosintéticos das plantas, algas, e cianobacterias. Os grupos bacterianos que conteñen bacterioclorofila realizan unha fotosíntese anoxixénica, que non produce oxixeno, na que utilizan lonxitudes de onda da luz que non absorben outros organismos fotosintéticos. Hai varios tipos de bacterioclorofilas característicos de diferentes grupos de bacterias, como se resume na táboa:

Bacterioclorofila a. R é un grupo fitil ou xeranilxeranil.
Pigmento Grupo bacteriano Máximo de absorción infravermella in vivo (nm)
Bacterioclorofila a Bacterias púrpuras, Heliobacterias, Bacterias verdes do xofre, cloroflexos, Chloracidobacterium thermophilum[1] 805, 830-890
Bacterioclorofila b Bacterias púrpuras 835-850, 1020-1040
Bacterioclorofila c Bacterias verdes do xofre, cloroflexos, C. thermophilum 745-755
Bacterioclorofila cs Cloroflexos 740
Bacterioclorofila d Bacterias verdes do xofre 705-740
Bacterioclorofila e Bacterias verdes do xofre 719-726
Bacterioclorofila f Bacterias verdes do xofre (actualmente só se atopou por medio de mutacións, pero podería existir na natureza)[2] 700-710
Bacterioclorofila g Heliobacterias 670, 788

As bacterioclorofilas a, b, e g son bacterioclorinas, o que significa que as súas moléculas teñen un anel macrocíclico de bacterioclorina con dous aneis pirrol reducidos (B e D). As bacterioclorofilas c, d, e, e f son clorinas, o que significa que as súas moléculas teñen un anel macrocíclico de clorina cun anel pirrol reducido (D).

Estruturas químicas comparadas da porfina, clorina, bacterioclorina, e isobacterioclorina. Nótese a recolocación do dobre enlace C=C entre os dous isómeros da bacterioclorina. Hai dous electróns π (simbolizados por π e-) en cada dobre enlace no macrociclo.

Notas editar