Baños de Cerrato

Coordenadas: 41°55′16″N 4°28′31″O / 41.92111, -4.47528

Baños de Cerrato é unha localidade do concello de Venta de Baños, na provincia de Palencia. Atópase ao leste da capital municipal, a 1 km escaso. O concello chamábase Baños de Cerrato ata 1977, ano en que pasa a chamarse Venta de Baños.

Basílica de San Juan Bautista

Tiña unha poboación de 378 habitantes en 2015.

Lugares de interese editar

Entre os seus monumentos cabe destacar:

  • Basílica de San Juan Bautista, do século VII.
  • Igrexa de San Martín de Tours, do século XVI.
  • Fonte de San Juan, xoia da arte visigótica.

Festas e celebracións editar

Entre as súas celebracións destacan as festas de San Xoán Bautista, o 24 de xuño, nas que se realiza o rito hispano-visigótico-mozárabe na basílica dende 1974, entre outras actividades.